XORNAL I A Coruña.- O secretario xeral de Comunicación,
Fernando Salgado, afirmou onte que tras as negociacións mantidas con representantes de RTVE e a SEPI con respecto a plan de viabilidade do ente público, pódese falar dunha mellora desde a proposta inicicial, aínda que se trata dun avance raquítico e insatisfactorio para Galicia.
Entre os resultados tras as diferentes xestións, Salgado destacou a continuidade da sede de RTVE en Galicia na Coruña e a consecución da mellor dotación de persoal respecto á proposta laboral para as delegacións de Lugo, Ourense e Vigo. O responsable de Comunicación da
Xunta preferiu non dar datos concretos sobre esta dotación porque aínda estamos en negociación e esperamos conseguir algo máis. Así mesmo, confirmou que desde CRTVE aseguráse a continuidade das emisións en galego, pero a través da primeira cadea de
TVE e de RNE-Radio 1.
Salgado fixo, na súa comparecencia parlamentaria, un percorrido pormenorizado sobre as distintas xestións que desenvolveu o Goberno galego ata día de hoxe desde que se coñeceron as distintas medidas que contemplaba o plan de viabilidade da SEPI para RTVE. Este plan, segundo o anuncio inicial, inclúe recortes de emisións en lingua galega e unha importante redución de persoal. Neste sentido,
Fernando Salgado, indicou que a pretensión de CRTVE é dedicar os recursos en exclusiva á elaboración de informativos e distribuír os recursos humanos en función deses cometidos. Así mesmo, explicou que, tal e como afirma o ente estatal, a redución de persoal será elevada, pero non tran drástica como se pretendía nun principio, pero si importante.
XESTIÓNS DESDE MARZO.- O secretario xeral de Comunicación indicou que as xestións iniciáronse o 17 de marzal, data na que o presidente da
Xunta de Galicia enviou sendas cartas á directora xeral de RTVE, Carmen Caffarel, e ao presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles. Nestas misivas,
Pérez Touriño expresaba a súa preocupación pola proposta da compañía de eliminar todas as desconexións locais e territoriais de Radio 5 e de reducir en dous tercios as emisións diarias de
TVE en galego. Ademais, o titular da
Xunta explicaba que, de levarse a cabo esta proposta, estaríamos ante un retroceso histórico nos medios de comunicación públicos e dunha inaceptable merma de pluralidade lingüística e cultural de España.
A carta lembraba ademais que o Plan de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade dos tres grupos parlamentarios, establece como medidas prioritarias no ámbito da comunicación pública negociar con
TVE para que incremente o tempo de emisión en lingua galega, ademais de fixar o obxectivo de recuperar Radio 4 como emisora integramente en galego.
O 22 de marzo, o presidente da
Xunta recibiu ao Comité de Empresa dos centros territoriais de RNE e de
TVE en Galicia. O 30 de marzo, o Consello da
Xunta aprobaou unha declaración institucional, na que se inclúen varios puntos a ter en conta pola SEPI no seu plan de viabilidade. Así, a través deste documento a
Xunta manifesta:
1º. Que as medidas que se adopten na dirección de dotar dunha mellor solidez económica e financeira a RTVE, non menoscaben o mantemento dunha estrutura territorial que responda ás necesidades autonómicas e locais.
2º. Que non se esqueza a función de servizo público que, por mandato constitucional, desenvolve RTVE. Ese compromiso implica, nunha comunidade histórica como Galicia, que posúe lingua e cultura propias, a decidida promoción do coñecemento, uso e normalización do idioma galego. Asemade, RTVE debe ofrecer resposta, como recoñeceu o presidente do Goberno da nación, ás necesidades informativas de ámbito local, autonómico e estatal cun cadro de persoal axeitado a este fin.
3º. Que a reducción ou eliminación do número de horas de emisión diaria en lingua galega suporía un retroceso histórico nos medios de comunicación públicos e unha grave mutilación da pluralidade lingüística e cultural de España.
Xa ne mes de abril sucedéronse as xestións coa SEPI e con RTVE, tanto desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística como desde a Secretaria Xeral de Comunicación.
O 13 de maio, o presidente do Goberno galego mantivo unha conversa con Enrique Martínez Robles, na que acordaron unha entrevista entre unha delegación da
Xunta cunha representación da SEPI para falar do plan de saneamento en Madrid. O 13 de xuño, na sede da SEPI, reuníronse os conselleiros de Presidencia e de Traballo, xunto co secretario xeral de Comunicación co presidente da SEPI, Enrique Martínez Robles, e o secretario xeral de RTVE, Jaime Gaiteiro. Nesta reunión acordáronse as melloras anunciadas hoxe polo secretario xeral de Comunicación e expresouse a intención de seguir negociando melloras sobre a proposta inicial.