Sanidade constitúe o Pleno da Rede Galega

O director xeral de Aseguramento e Planificación Sanitaria da Consellería de Sanidade, Germán González Pazó, inaugurou hoxe as II Xornadas Autonómicas de Formación Sanitaria Especializada nas que se abordou a experiencia galega e doutras Comunidades Autónomas en materia de Comisións de Docencia e Comisións Asesoras. No transcurso deste encontro, celébrase esta tarde o primeiro pleno da Rede Galega de Comisións de Docencia (Redega).
Xornal.com - clásica Actualizado 28/06/2006 - 08:46 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- As Comisións de Docencia teñen por obxectivo facilitar a integración das actividades formativas e dos residentes (médicos e farmacéuticos) coa actividade asistencial e ordinaria do centro sanitario no que desenvolven o seu labor, ademais de planificar a súa actividade profesional no centro conxuntamente cos órganos de dirección deste.

Nestas comisións, as de docencia e as asesoras, están representados tanto os profesionais docentes como os especialistas en formación, colectivos que, pola súa experiencia e coñecemento directo do proceso de formación, poden achegar ideas e liñas de mellora.

RELATORES.- O encontro celebrado onte en Santiago comezou cun relatorio de José María Fornells Vallés, do Instituto de Estudos da Saúde de Barcelona, que falou da Experiencia catalá na formación especializada, os avances e as súas dificultades, baixo a moderación do presidente de Redega, Ovidio Fernández, xefe de estudos do Complexo Hospitalario de Ourense.

Logo da experiencia catalá abordouse, por parte do xefe de estudos do hospital Universitario Marqués de Valdecilla de Santander, Víctor Martínez Landeras, o recoñecemento da figura do titor. Este relatorio foi moderada por Javier de la Fuente, xefe de estudos do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Pola súa banda, José Antonio Garrido, xefe de estudos do Complexo Hospitalario Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, falou dos problemas éticos relacionados coa docencia de residentes.

PLENO DA REDE GALEGA DE COMISIÓNS DE DOCENCIA.- Xa pola tarde, tivo lugar o primeiro pleno da Rede de Comisións de Docencia e Comisións Asesoras de Galicia (Redega), que está constituída por todas as comisións de docencia e asesoras nesta materia existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta rede actúa mediante a Comisión Central de Docencia.

A finalidade da devandita Comisión Central de Docencia é a de propoñer criterios de actuación sobre medidas para coordinar a rede e os órganos con responsabilidade docente nos centros sanitarios acreditados para a formación dos especialistas en ciencias da saúde, así como propoñer medidas de mellora da formación especializada.

Esta comisión é a encargada de coordinar as actuacións das comisións de docencia hospitalarias e as comisións asesoras dos centros sanitarios acreditados para a formación dos especialistas en ciencias da saúde en Galicia; facilitar o intercambio de información entre o departamento que dirixe María José Rubio Vidal e as comisións de docencia e as asesoras dos centros docentes; formularlle á Consellería de Sanidade as propostas de mellora no proceso de formación de especialistas en ciencias da saúde; propoñer medidas para incentivar o traballo profesional dos titores e presidentes das comisións e, ademais, elaborar estudos e informes sobre a situación actual e perspectivas de futuro.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad