Galicia xa conta co seu primer portal de moda en Internet
O pasado venres sete de xullo saíu á rede www.tusitiodemoda.com, a primeira páxina galega adicada ao mundo da moda. O portal é unha iniciativa de Imaxe Press, empresa adicada ao deseño e creación de páxinas web e conta coa colaboración de La Agencia, unha nova firma consagrada a organización de eventos, ao asesoramento de imaxe e á representación. O sitio web nace coa vocación de converterse nun punto de referencia para os consumidores e a xente interesada polo mundo da moda.
Xornal.com - clásica
Actualizado 14/07/2006 - 18:17 h.
XORNAL I A Coruña.- O novo portal ofrece aos seus visitantes a oportunidade de informarse das últimas novidades do mundo da moda en Galicia: coleccións, desfiles, tendencias, novidades...etc. Os usuarios tamén poderán descubrir novas tendas nas que realizar as súas compras con total garantía. Os visitantes poderán gozar de descontos exclusivos nos comercios reseñados na páxina, así como dos consellos de Belen Correa, responsable de estilismo e vestiario en La Agencia. Os servicios do sitio web non se limitan á moda, conta unha sección adicada á promoción de locales nocturnos, hoteles e balnearios. A páxina aínda non funciona ao máximo do seu rendemento, pero os seus responsables agardan que para o mes de setembro o proxecto xa este totalmente desenvolto.
La Agencia foi a encargda do deseño de contidos da páxina e polo de agora estan moi contentos coa acollida que esta tendo. Na primeira semana pensamos que poderías chegar ata as mil cincocentas visitas, pero xa case que dobramos esta cifra, asegurou Francisco Javier Pernas, relacións públicas de La Agencia. Esta empresa comezou a xestarse fai catro meses, pero neste pequeno periodo xa consegui ser a responsable da organización dos concursos Miss y Míster España na provincia da Coruña. A súa intención e dárlle un novo matiz a estes certámenes, popularizalos e convertelos nunha experiencia más lúdica que competitiva para os seus participantes. Os interesados en concursar poderán incirbirse en www.tusitiodemoda.com
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.