XORNAL I Santiago.- O ex secretario comarcal do
PSOE en Vigo, que abandonou o seu cargo por serias discrepancias coa liña política do seu partido, secundou a manifestación que o
BNG organizaou en Santiago a prol dun Estatuto de Nación con motivo do Día de Galicia. Barros, militante histórico das filas socialistas, botaba de menos a corrente de "nacionalismo de centro" que foi unha das impulsoras do
PSdeG, o que se converteu nunha das principáis razóns que lle levou a presentar a dimsión de todos os seus cargos no concello en no partido.
Trala súa saída do
PSOE vigués, os que o coñecen ben sabían que non se ía "para a súa casa". Barros "é un animal político", dixo por entón o ex alcalde de Vigo Carlos Príncipe. A súa presenza na manifestación do Día de Galicia ó carón de destacados militantes nacionalistas tal vez poida significar o comenzo dunha nova etapa na súa carreira política.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.