Quintana feliz polo recoñecemento débeda de España con Galicia

O Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, dixo hoxe en Ourense que o seu obxectivo e o seu compromiso e o do nacionalismo galego é que Galiza manteña o seu estatus e “non quede nin un milímetro por debaixo de Cataluña e Euskadi”, porque segundo lembrou iso significaría perder o estatus de igualdade que hoxe temos con estas dúas comunidades. O vicepresidente da Xunta di que os nacionalistas están “encantados” con que agora todas as forzas políticas “recoñezan que España lle debe moitos millóns a Galiza”
Xornal.com - clásica Actualizado 28/07/2006 - 14:40 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- En resposta aos medios de comunicación, Quintana explicou que o que garante o cumprimento dese compromiso é a fórmula que propuxo no Parlamento durante o pleno extraordinario sobre o Estatuto.
“Para iso a fórmula debe de ser que Galiza quede definida como nación no Preámbulo con toda claridade e sen apelidos” e que ademais haxa unha fórmula de consenso para que esta cualificación se repita no texto baixo unha fórmula de consenso. Quintana lembrou que a fórmula que propuxo no Parlamento é a mesma que a que se aplicou no Estatuto catalán, e por iso instou ao resto das forzas políticas a que “si todos estamos de acordo en non quedar nin un milímetro por debaixo de Cataluña penso que non habería ningunha pega en asinar esta fórmula”.

Ao mesmo tempo, asegurou que é necesario que teñamos unha financiación específica e uns investimentos do Estado garantidos para Galiza, e afirmou que si conseguimos o estatus de nación poderemos aspirar a elo. Por iso lembrou o vicepresidente o seu ofrecemento da fórmula “nación + financiación”.

En resposta aos medios de comunicación sobre as cifras que os distintos partidos están a dar para os investimentos do Estado en Galiza, Quintana amosouse “enormemente satisfeito” coas cantidades que agora se están barallando. Quintana lembrou neste senso que fai máis dun ano o nacionalismo presentou un documento sobre a débeda histórica cifrándoa en 21.000 millóns de euros, que provocou críticas e descualificacións e acusacións aos nacionalistas de tentar romper coa solidariedade do Estado. “Mesmo se nos acusou de querer volver aos tempos dos suevos reclamando unha débeda histórica que non existía”, lembrou Quintana.

Agora pola contra, o vicepresidente lembrou que existe un acordo de mínimos asinado entre BNG e PSdeG que cifra os investimentos do Estado en Galiza para os vindeiros anos en 18.000 millóns de euros, “agora falamos de 25.000 millóns e o señor Feijóo di que ten unha fórmula que mesmo pode superar esa cantidade”. Ao respecto Quintana asegurou que pola súa banda os nacionalistas galegos “estamos encantados, canto máis mellor” e instou a todo o mundo a comprobar “que agora todos estamos de acordo en que España lle debe moitos cartos a Galiza”. Ao respecto Quintana dixo ademais que o BNG aceptaría como punto de partida a mellor fórmula, “esa é a nosa disposición”.

REUNIÓN CON NÚÑEZ FEIJÓO.- Preguntado en Fontefiz (Ourense), polo encontro que mañá ten co líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, Quintana asegurou que “vou coa mellor intención de chegar a acordos e avanzar nesa negociación e nese diálogo, que é necesario para que Galiza teña un Estatuto de nación”. O vicepresidente amosouse convencido de que “temos avanzado xa moito camiño” co acordo de mínimos asinado entre PSdeG e BNG, un acordo que segundo lembrou Quintana garante unha maioría parlamentar para ter un Estatuto de Nación, “pero non é suficiente”, polo tanto explicou que “o meu labor é intentar integrar ao PP nese gran acordo”.

Quintana dixo que Núñez Feijóo “está moi preocupado polo tema do financiamento que é unha preocupación que eu comparto”, e lembrou que lle ten ofrecido unha fórmula “que é termos un Estatuto de nación a base de conxugar a fórmula nación + financiación” . Quintana dixo que “unha cousa vai ineludiblemente unida á outra, porque só poderemos reclamar dende Galiza unha financiación especial, un investimento do Estado no noso país especial, e só poderemos reclamar dende Galiza un ámbito competencial ambicioso si somos nación”.

Por iso explicou que “se temos ese recoñecemento, se empezamos a recoñecernos nós mesmos como algo diferente, senón nos recoñecemos nós como algo diferente dificilmente podemos pensar que o Estado vai ter con nós un trato diferente”, polo tanto dixo que “a fórmula que eu lle vou a propoñer a Feijóo é a de nación + financiación, e espero que el veña coa mesma intención de acordo, de diálogo e de avanzar por ese camiño”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad