Proteccion Civil recomenda medidas preventivas ante a chuvia dos vindeiros días
Ante as previsións de MeteoGalicia e do Instituto Nacional de Meteoroloxía, que anuncian chuvias nos vindeiros días en Galicia, a Dirección Xeral de Protección Civil enviou unha nota aos concellos para recomendar que se adopten medidas preventivas para evitar inundacións nos sumidoiros e redes de recollida de auga, en especial, naqueles concellos que sufriron a vaga de incendios das últimas xornadas.
Xornal.com - clásica
Actualizado 16/08/2006 - 19:54 h.
XORNAL I A Coruña.- Tendo en conta o posible arrastre de maleza e cinzas que pode ocasionar anegamentos nas infraestruturas viarias, Protección Civil aconsella que se supervise e actualice o mantemento dos sistemas de evacuación de augas polo que xa solicitou aos concellos que se realice a supervisión e mantemento dos mesmos.
O director xeral de Protección Civil, Antonio Espinosa González, agradeceu tamén ás agrupacións de voluntarios, a labor desenvolvida por este colectivo nas tarefas loxísticas e de apoio. Espinosa destacou a importante labor que os voluntarios poden realizar difundiendo as recomendacións de autoprotección e lembrando que a vida das persoas é o mais importante.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.