Os nacionalistas aspiran a que Cámara Galega sexa máis "viva e áxil"

O BNG presentará unha proposta concreta de remodelación do regulamento para conseguir "axilidade" no órgano lexislativo autonómico. Os nacionalistas tamén anunciaron que, no novo período de sesións, impulsarán medidas estruturais para poñer en valor o rural galego.
Xornal.com - clásica Actualizado 28/08/2006 - 13:52 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago de Compostela.- O portavoz e viceportavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, apresentaron esta mañá en rolda de prensa as liñas políticas que os nacionalistas levarán adiante no período de sesións que se abre esta semana. Os parlamentares anunciaron o impulso a medidas “de carácter estrutural” en eidos como o rural galego, a ordenación urbanística e os horarios comerciais, entre outros.Pola sía banda, Aymerich aclarou que o seu grupo apoiará as medidas impulsadas polo goberno nestes eidos e impulsará tamén liñas de traballo parlamentares con obxectivos como “a reforma da lei do solo” que, segundo lembrou, “é urxente” e afecta a cuestións tan diversas como a inexistencia dun rexistro de terreos forestais queimados a ter en conta á hora de evitar a súa recalificación.

Lobeira falou do afianzamento da reivindicación de Galiza que fai o BNG e lembrou que os nacionalistas non teñen “ningún pacto político co goberno español”, polo que insistíu en que “existen actuacións do goberno estatal que precisan explicación”.

O viceportavoz e coordenador do grupo lembrou o papel de “motor” que está a xogar o BNG na elaboración do novo Estatuto e, neste sentido, fixo “unha chamada ás forzas políticas de ámbito estatal para que renuncien a executar estratexicas marcadas desde Madrid e se cinxan ás necesidades do noso país”.

AS PROPOSTAS DOS NACIONALISTAS.- Tamén falou Lobeira da proposta de remodelación do regulamento parlamentar que vai apresentar o BNG, que buscará converter á Cámara nun órgano “áxil e vivo, que dea resposta cumprida aos problemas dos galegos e rematar coas diferencias que existen entre os grupos á hora de apresentar determinadas iniciativas ou de facelo pola vía de urxencia".

Por outro lado, o portavoz parlamentar, Carlos Aymerich, destacou entre outras cuestións, a importancia dos novos orzamentos que se apresentarán a finais deste ano e que, nesta ocasión “teñen que reflectir claramente o alento transformador da realidade que ten o novo goberno”.

O deputado comentou algunhas das normas que están en proceso de elaboración por parte do goberno e que deberían apresentarse no Parlamento neste período, como a Lei do Libro, a de horarios comerciais, a da Minaría, a do Banco de Terras ou a de prevención dos incendios forestais.

AYMERICH RESPOSTA ÁS CRÍTICAS DOS POPULARES.- Aymerich falou das críticas de varios alcaldes do Partido Popular ás declaracións de Quintana o sábado pasado e dixo que “se se deron por aludidos, eles saberán por que”, ao tempo que salientou que “non se pode xogar á irresponsabilidade”, en alusión ao papel que está a xogar a Fegamp e o seu presidente na polémica sobre os incendios.O portavoz dos nacionalistas explicou que “o señor Xosé Crespo asinou un convenio con Medio Rural para a creación das brigadas contraincendios e logo xustifica a actitude dos 30 alcaldes do PP que se negaron a crealas”.

“Para o BNG, estas brigadas deben ser un adecuado servizo de extinción de lumes e non de recadación de votos”, acrecentou Aymerich, ao tempo que reflexionou sobre "o nulo papel da Deputación de Pontevedra e os servizos contraincendios que dependen deste organismo provincial na crise de principios de agosto".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad