Estrella Galicia elabora unha partida especial de cervexa netamente galega

A Consellería do Medio Rural e a compañía Estrella Galicia colaboran para sacar ao mercado unha partida especia de cervexa elaborada con lúpulo netamente galego.

En virtude dun convenio asinado o pasado ano, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ocupouse da implantación, desenvolvemento e recolección do cultivo, mentres que a empresa cervexeira asumiu os costes asociados ao mesmo.

Con motivo do centenario da súa fundación, Estrella Galicia fabricará unha edición especial da súa cervexa con lúpulo cultivado no noso País e recollido á maneira tradicional.
Xornal.com - clásica Actualizado 07/09/2006 - 14:04 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- Persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e de Estrella Galicia procederon durante a xornada de hoxe a recoller o lúpulo da plantación realizada en virtude dun convenio de colaboración entre a Consellaría do Medio Rural e a empresa cervexeira. Esta recolección é o primeiro paso para que a empresa conte con lúpulo autóctono galego e recollido á maneira tradicional, que posterioremente empregará na fabricación dunha partida especial de cervexa con motivo do centenario da súa fundación. Este proxecto xa comenzara a planificarse en novembro de 2004 co establecemento dun ciclo completo de producción de lúpulo, a preparación da parcela e a posterior plantación en febreiro de 2005.

Neste proceso de recolección participaron activamente os membros da Dirección de Estrella Galicia, encabezados polo seu Director Xeral, D. José María Rivera Trallero, ademáis de D. Gonzálo Flórez, Director Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, e Jaime Fernández Paz, Director do Laboratorio Agrario de Galicia.

Con este convenio entre Medio Rural e Estrella Galicia, retómase a colaboración que entre os anos 1904 e 1928 se establecera entre o director da Granxa Experimental da Coruña, Leopoldo Hernández Robredo, e o propietario fundador de Estrella Galicia, José María Rivera Corral para realizar os primeiros ensaios e posteriores cultivos de lúpulo no noso País. Este cultivo incrementouse de xeito constante ata 1963, ano no que comenzou a dimiuir ata desaparecer en Galiza. Na actualidade, das 600 ha adicadas ao cultivo de lúpulo a nivel estatal, o 99% atópanse na provincia de León.

Hai que ter en conta que o lúpulo é unha pranta que medra en altura ata unha especie de emparrados de aproximadamente seis metros de alto, trepando por fíos que os unen co solo. A recolección faise cortando a pranta aproximadamente a 30 centímetros do pé e desprendéndoa do emparrado pola parte superior, para unha vez no solo separar as flores da pranta, porque é nelas onde se atopan os chamados “alfa ácidos”, un compoñenente que se utiliza na fabricación da cervexa para darlle o seu característico sabor amargo. Unha vez desprendidas as prantas do seus puntos de apoio, pero unidas aos fíos polos que treparon na fase de crecemento, serán trasladadas a Villanuevo del Carrizo, León, para proceder á separación das flores a través dun proceso mecánico.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad