Domingo, 01 de agosto de 2010 - 9:47 h

A audiencia dos informativos da Galega aumenta logo do cambio de imaxe

Segundo afirman dende a CRTVG o incremento dos niveis de audiencia dos informativos da galega ten sido "espectacular" logo do cambio de imaxe que recentemente puxo en marcha a cadea. O Telexornal Mediodía acadou nesta última semana unha cota media do 29,1%, máis de 6 puntos por riba do seu resultado semanal de hai un mes. Deste xeito, a canle autonómica consolídase como líder absoluta dos informativos de mediodía, incrementando a audiencia e incorporando novos públicos.
Xornal.com - clásica 21/10/2006 - 22:28 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- Apenas un mes despois do cambio de imaxe corporativa ao que se someteron os medios públicos galegos, e tomando sempre como referencia os datos facilitados por Sofres, pódese afirmar que isto repercutíu de xeito positivo no incremento do número de espectadores dos informativos da Galega.

Así, o Telexornal mediodía acadou nesta última semana unha cota media de pantalla do 29,1%, co que supera en máis de 6 puntos o seu resultado semanal de hai un mes. Ademais, na franxa horaria que abrangue desde as 13.30 ata as 15.30 horas nun 25,9%, 2 puntos porcentuais por encima do mes anterior. Con estes datos na man, confírmase o liderato da Galega nesta franxa, superando en 8 puntos a Tele 5, en 6 a TVE1 e en 4,5 a Antena 3 televisión.

Boa parte de “culpa” destes resultados tamén a ten o espazo “Galicia Noticias”, que acadou de media nesta última semana un 42,8% de share, o que o sitúa por riba de eventos como a Fórmula 1 ou os partidos da selección española de fútbol, por exemplo. Os resultados do “Galicia Noticias” na súa edición de mediodía supoñen un incremento de 8 puntos porcentuais sobre as cifras rexistradas hai un mes.

Esta incorporación de público foise producindo de xeito progresivo, e supón a presenza de novos públicos aos que a TVG vai dirixindo a súa programación: unha audiencia máis nova e urbana; ao mesmo tempo, tamén se conserva a audiencia tradicional que viña seguindo a TVG.

Polo que respecta aos informativos do serán, cómpre salientar que o Telexornal incrementou durante este último mes a súa audiencia nun 87% con respecto ao mes anterior; cifra realmente espectacular, que triplica á de hai tan só 6 semanas.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad