Arroz para o Sahara

O Fondo Galego, como entidade municipal para a cooperación e a solidariedade internacional, ven de apelar ao conxunto dos municipios galegos e, en concreto, aos seus asociados, para recadar axudas específicas destinadas á adquisición de arroz para os campamentos de refuxiados.
Xornal.com - clásica Actualizado 22/10/2006 - 21:01 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- A cantidade que se vai destinar a arroz será de 5.200 €, beneficiando a un total de 5.500 persoas do campamento de Tifariti. A organización encargada da distribución de alimentos será o Ministerio de Cooperación. O Fondo Galego ten expresado en numerosas ocasións o seu apoio ao “Plan de paz para a libre determinación do pobo saharauí”. Neste senso foi distribuída unha Moción de apoio ao pobo saharauí impulsada por FEDISSAH (Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharauí). Na Moción maniféstase a pertinencia da celebración dun referendum libre, democrático e transparente e ínstase tanto ao Goberno do Estado, como ao Consello de Seguridade de Nacións Unidas e ao conxunto da Comunidade internacional á creación dun marco de colaboración co fin de desbloquear a situación actual na zona.

Asemade, o Fondo Galego ten participado nunha Delegación no mes de setembro do 2005 formando parte dunha comitiva de representes políticos e sociais co fin de coñecer a realidade dos campamentos dos refuxiados en Tindouf e ten sido anfitrión de diversos dirixentes do Goberno Saharauí.

Entre as actividades que está a impulsar o Fondo Galego compre salientar asemade a campaña de sensibilización “ Somos miles a cooperar: Revirando o Milenio” entorno aos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio e o Manifesto redactado polo intelectual Isaac Díaz Pardo.

No ano 2006 o Fondo Galego promoveu 20 proxectos de cooperación ao desenvolvemento. No reparto xeográfico, África é o destino de 15 proxectos: un de cooperación indirecta e catorce de cooperación directa. Na execución indirecta a ONGD Equus Zebra en Senegal e na dimensión de execución directa Cabo Verde é a área de intervención con maior presenza ao aprobaranse 14 proxectos, nos que se teñen como parceiros á ANMCV e as municipalidades de Ribeira Grande, Santa Cruz, San Miguel, San Lourenzo dos Órgaos, San Vicente, San Filipe, Santa Catarina, contando cunha forte implicación da Xunta de Galicia e da AECI. En América Central, Guatemala vai ser obxecto de dous proxectos, un a través de Veterinarios Sen Fronteiras, e un de INTERED.

En América do Sur, dous en Perú: un con Tierra de Niños, e outro con INTI. No que atinxe aos sectores de intervención vanse adicar 309.554 € a necesidades básicas ( principalmente en África) e uns 220.581 € a necesidades estratéxicas (en América).
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad