Os internautas galegos contarán cun novo xornal na rede de corte nacionalista

"O próximo 2 de decembro unha nova voz galega estará na rede". Este é o lema dun novo xornal dixital: gznacion.com, un produto "no que prima o tratamento en profundidade de temas importantes para o país e a vontade de adiantarche as novas máis relevantes de Galiza", segundo os seus propios fundadores.
Xornal.com - clásica Actualizado 28/11/2006 - 12:29 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- O dominio gznacion.com está xa activo cunha páxina de presentación onde a equipa deste novo xornal explica a súa filosofía e os seus obxetivos.

"gznacion.com sabe que o verdadeiramente importante é que a nosa relación convosco sexa a mellor posíbel. Para iso creamos unha canle de comunicación continua, que che permitirá pasar de ser un mero espectador, a un participante activo de todo o que acontece no diario. Poderás opinar sobre as nosas información, e tamén terás a posibilidade de enviarnos as túas propias novas, fotos e vídeos, porque en gznacion.com sabemos que este xornal é voso", indican nesa páxina, na que indican tres puntos fundamentáis que diferenciarán este diario do resto: a anticipación ás novas, o tratamento en profundidade dos temas que consideran maís importantes e a incorporación dun área multimedia e de participación, que inclúe retransmisións televisivas puntuáis.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad