XORNAL I Lugo.- O diario chamarase LV (De Luns a Venres) e editarase nos días laborables, como indica o seu nome. O xornalista lugués Alfonso Álvarez Riveiro (ata o de agora subdirector do diario
El Progreso, ao que leva vinculado cáseque 20 anos) será o director do novo xornal, que terá a súa sede en Santiago de Compostela. Ó seu cargo terá un equipo de xóvenes xornalistas coordinados por Martín García Piñeiro. A dirección comarcal correrá a cargo de Pedro Rodríguez Blanco, que chega ó proxecto procedente do grupo de empresas Europac, onde foi responsable nacional de ventas.
O anuncio do novo xornal coincide con varios cambios na estrucutra do Grupo lugués, entre os que destacan a incorporación de Blanca de Cora García como adxunta á presidencia de
El Progreso, que ostenta Blanca García Montenegro. Ademáis, Isabel González Araújo e Tito Diéguez veñen de seren nombrados novos subdirectores de
El Progreso, onde ata o de agora exercían de redactores xefes. Eugenio Caeiro González incorpórase ó Grupo como director comercial de tódalas publicacións y emisoras: o diario
El Progreso, o
Diario de Pontevedra, a Axencia Galega de Noticias, TeleLugo, a productora LugoPress, o semanario A Comarca do EO, o gratuito LV e as emisoras de TV que próximamente porán en marcha nas provincias de Lugo e Pontevedra.