Feijoo defende o "bilingüismo cordial" e a superioridade xurídica do castelán

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, opina que "o bilingüismo cordial da rúa é coartado pola lingua única que están impoñendo as institucións", e defende a superioridade xurídica do castelán sobre o galego cando di que a igualdade entre as linguas "non pode prexudicar que no Estado a única lingua exixible desde o punto de vista do deber sexa a lingua común, o castelán".
Xornal.com - clásica Actualizado 04/12/2006 - 03:10 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Madrid.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen presidiu onte unha das meses de traballo da conferencia política do PP sobre o modelo de Estado, celebrada en Madrid, explicou que o partido reflexiona sobre o castelán e as linguas autonómicas, a partir dunha exposición de Montserrat Nebrera, deputada en Cataluña, sobre a situación do catalán. "O bilingüismo cordial da rúa é coartado pola lingua única que están impoñendo as institucións", dixo.

O dirixente galego defendeu o castelán como "lingua común de España con independencia de coidar e promover as linguas oficiais en cada comunidade autónoma" e agregou que é a lingua de 450 millóns de persoas, "un idioma que serve para moito máis que para comunicarse os españois".

Feijóo reclamou que se cumpra a Constitución porque a igualdade entre as linguas "non pode prexudicar que no Estado a única lingua exixible desde o punto de vista do deber sexa a lingua común, o castelán", segundo declaracións que recollen medios como El Correo Gallego.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad