XORNAL I Lugo.- O diario chaámase LV (De Luns a Venres) e edítase nos días laborables, como indica o seu nome. O xornalista lugués Alfonso Álvarez Riveiro (ata o de agora subdirector do diario
El Progreso, ao que leva vinculado cáseque 20 anos) é o director do novo xornal, que ten a súa sede en Santiago de Compostela. Ó seu cargo conta un equipo de xóvenes xornalistas coordinados por Martín García Piñeiro. A dirección comarcal corre a cargo de Pedro Rodríguez Blanco, que chega ó proxecto procedente do grupo de empresas Europac, onde foi responsable nacional de ventas.
Con este diario o Grupo
El Progreso pretende ofrecer unha visión dinámica da actualidade, centrando boa parte dos contidos na comunidade galega, de aí que a súa sede esté ubicada, tamén, en Santiago de Compostela.
'LV' será publicado de lunes a venres, tal e como indica o seu nome, e a distribución efectuarase durante a mañá. Non obstante, o día do sorteo da Lotería de Nadal, o xornal fará unha excepción, xa que se distribuirá pola tarde, envolto na lista dos premios de lotería.
Por certo, tamén ten páxina web, e pode visitarse na dirección:
http://www.l-v.es