Fene prepara revocar o nomeamento de Franco coma Alcalde Honorario da vila

O portavoz municipal do PSdeG-PSOE de Fene, Iván Puentes Rivera, informou de que, a petición do seu partido, os concelleiros da corporación fenesa aprobarán a revocación de Francisco Franco Baamonde coma Alcalde Honorario do municipio. A iniciativa levarase a cabo no transcurso do pleno extraordinario promovido tamén polos socialistas para homenaxear ás corporacións da II República, que se celebrará mañá, a partires das 12 do serán, no salón de plenos da casa consistorial.
Xornal.com - clásica Actualizado 22/12/2006 - 12:10 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Fene .- Puentes Rivera explicou que os socialistas acharon no arquivo municipal unha acta de 1939 na que se acorda nomear coma Alcalde Honorario de Fene ao “Generalísimo de los Ejércitos y Jefe del Estado, Excmo. Sr. Francisco Franco Baamonde”. O texto engade: “Teniendo en cuenta que el día 21 del actual el Generalísimo y Cuadillo de España, Excmo. Sr. D. Francisco Franco Baamonde, pasará por este ayuntamiento para su residencia al Pazo de Meirás, la corporación por unanimidad acordó que en la carretera general se levanten arcos de triunfo (...) a fin de que resulte lo más brillante, contribuyendo así al homenaje que el Pueblo de Fene ha de rendir al Salvador de la Patria”.

UN DE MOITOS CASOS.- O voceiro do Grupo Municipal Socialista considera “indignante e humillante para quen loitou e deu a súa vida pola liberdade e a democracia ter coma máximo mandatario, aínda que sexa a título honorífico, a un dictador coma Franco”. Nembargantes, Puentes asegura que o de Fene non constitúe un caso aillado, xa que Franco é aínda fillo adoptivo ou predilecto de moitísimos pobos de Galicia. Por iso, subliña que “se o obxectivo pasa por normalizar e dignificar a nosa democracia, deberíanse emprender iniciativas coma a prevista para Fene noutros moitos concellos”. E engade: “Aquí, 67 anos despois, faremos Xustiza”.

O responsable socialista quere aproveitar a oportunidade para animar a tódolos veciños de Fene e da comarca a participar na sesión plenaria programada para o sábado. Na mesma, ademáis das intervencións do alcalde e dos voceiros de cada grupo, procederáse á lectura de diferentes textos, entre eles, a Acta de Proclamación da II República en Fene. Asemade, a corporación aprobará unha moción co obxecto de restituír a honra de tódolos habitantes do Concello que traballaron pola liberdade e a democracia naqueles tempos.

Tamén no Pleno deste sábado, inaugurarase en memoria das corporacións republicanas a obra “En Movemento” de Patricia Dopico, que presidirá dende entón o salón de plenos, e iniciaranse os trámites para nomear Fillos Predilectos de Fene a Ramón Souto González (Alcalde socialista de Fene en 1936) e Jesús Tenreiro Prim, Secretario Municipal, ambos fusilados en Ferrol polos franquistas en agosto do 36. Os actos pecharánse cun concerto do Grupo de Metales Santa Cecilia, que interpretará diversos temas da época.

Puentes Rivera lembra que xa en 1998 o grupo municipal do PSdeG-PSOE presentara unha moción no pleno do Concello de Fene para homenaxear a Ramón Souto e ao resto de concelleiros fusilados naquel ano. A iniciativa, aínda que foi aprobada, nunca se chegou a facer realidade e, por isto, o portavoz do PSOE se decidiu a retomala. Así as cousas, non pode máis que amosar o seu agradecemento ao resto de formacións políticas que se adheriron á proposta, BNG e EU-IU, e facer un chamamento a tódolos veciños para que participen no merecido acto de recoñecemento a quenes defenderon a liberdade por riba das súas vidas.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad