Barreiro alerta de que os pais deixaron de lles falar galego aos fillos
Os pais (e moi fundamentalmente as nais) deixaron de lles falar galego aos fillos, segundo Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega. Barreiro amósase moi preocupado pola mocidade de Galicia, para a que non sempre hai ofertas adecuadas ou suficientemente estimulantes.
Xornal.com - clásica
Actualizado 28/12/2006 - 19:43 h.
M.G./XORNAL I A Coruña.- A trasmisión xeneracional do idioma galego está en perigo. O presidente da Real Academia Galega coida que os pais (e moi fundamentalmente as nais) deixaron de lles falar galego aos fillos. Isto sucede mesmo no rural, onde o idioma resistiu durante séculos. "Na miña opinión -explica Xosé Ramón Barreiro na revista Grial- trátase do feito máis grave que se está a producir respecto do futuro do idioma, sobre o que deberíamos actuar moi decididamente".
O presidente da Real Academia Galega chega a falar da necesidade dun gran pacto social polo idioma -"un pacto afectivo, non imposto"-, "que nos implique a todos, alén das declaracións retóricas e das boas intencións".
Analizados e vinculados datos económicos con datos lingüísticos, a Mesa pola Normalización Lingüística considera que Cataluña e Euskadi "lograron afortalarse nestes anos, facendo progresar as súas economías e as súas linguas propias. Galiza, no mesmo período, agrandou a súa distancia económica con Cataluña e Euskadi, ao mesmo tempo que sufriu perdas históricas para a súa lingua propia".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.