XORNAL I A Coruña.- A
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de publicar a través do Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe unha resolución para a realización dunha convocatoria especial de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica para militares profesionais de tropa e mariñeiría da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Administración educativa autonómica convoca esta proba unha vez recibida a solicitude da Delegación Provincial de A Coruña coa finalidade de facilitar o acceso a este colectivo de traballadores con destino nos acuartelamentos da Comunidade galega que na actualidade están a preparar este exame de acceso nos cursos que se imparten neses cuarteis, tendo en conta que nas datas ordinarias os buques están a navegar, polo que unha porcentaxe moi elevada do alumnado que está a preparar as probas non se podería presentar.
A inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica farase na secretaría do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol, no prazo comprendido entre os días 1 e 9 de marzo de 2007, ambos os dous incluídos. Estas probas terán lugar o día 13 de abril no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, e a cualificación definitiva das mesmas publicarase o 25 de abril no taboleiro de anuncios deste centro e no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp.
A proba de acceso consta de dúas partes: unha xeral e outra específica. No primeiro exercicio, a persoa aspirante deberá acreditar a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato, nomeadamente en contidos procedementais de lingua galega e literatura; lingua castelá e literatura; lingua estranxeira (opción de inglés ou francés); e matemáticas. Pola súa banda, na parte específica deberase acreditar a capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo a que se solicita acceder. Así, a persoa aspirante realizará a materia ou as materias que lle permitan o acceso ao ciclo formativo que desexe cursar dentro dos ofrecidos nesta Comunidade Autónoma.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.