Vicepresidencia convoca bolsas para cursar idiomas no estranxeiro

Promover a mobilidade dos mozos e mozas galegos cos estados membros da Unión Europea é o obxectivo da liña de bolsas que convoca a Vicepresidencia para facilitar que a mocidade realice cursos de idiomas en países comunitarios. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde de axudas ás que se destina un total de 100.000 euros.
Xornal.com - clásica Actualizado 02/03/2007 - 13:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- O obxectivo é facilitar a participación en cursos de idiomas no estranxeiro a todas aquelas persoas que non poidan optar ás axudas que concede a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por non estar matriculados en ningún centro universitario. Os destinatarios son mozos e mozas de 18 a 30 anos que tiveran fixada a súa residencia en Galiza, non matriculados en ningún centro universitario no curso académico 2006-2007, dispostos a realizar un curso de idiomas entre o 1 de xuño e o 31 de outubro dun mínimo de tres semanas de duración en calquera dos estados membros da Unión Europea.

A contía das axudas irá dos 750 aos 1.500 euros, e para a súa concesión priorizarase a maior duración do curso en horas lectivas, o nivel de ingresos da unidade de convivencia, ser membro de familia numerosa ou a pertenza a unha asociación xuvenil.

As solicitudes para estas axudas poderanse presentar, segundo o modelo oficial, no rexistro da Vicepresidencia, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Con este tipo de medidas, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar avoga pola redución de obstáculos lingüísticos para acadar unha autonomía persoal máxima da nosa xuventude e promove o concepto de cidadanía europea.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad