XORNAL I A Coruña.- O PP continúa a súa particular batalla conta o secretario xeral e de Relacións Institucionais, Antonio Losada, ata o punto de que ameaza agora con levato ante os tribunaís por defenderse das acusacións de irregularidades laboráis respecto á súa asistenta doméstica. Os populares consideran que Losada utilizou "insultos e ameazas" na súa intervención e pensan que verquiu "falsedades" conta a voceira popular que o acusou, Susana López Abella, polo que o Grupo Popular pedirá o amparo da Presidencia do Parlamento para a deputada e se planteará iniciar accións legais para defenderse da difamación.
Ante estes anuncios, Antonio Losada anima o
Partido Popular a iniciar canto antes as accións legais coas que vén de ameazalo. Considera que o único que vai a lograr é sumar ás prácticas difamatorias e calumniosas, un uso indebido e ilexítimo da xustiza polo que responderan cando corresponde. Para Losada estamos ante outro paso máis na estrategia franquista do PP de unha mentira repetida mil veces acaba sendo verdade e unha calumnia repetida mil veces acaba sendo verdade.
Losada considera revelador que o partido que leva semanas acusando e calumniando aos seus adversarios políticos que sempre lle respostamos no terreo estrictamente político, amenace agora con accións legais polo mero feito de respostar ás súas críticas e acusacións e facer propias as interesantes reflexións dunha deputada do PP logo de repasar a longa biografía procesal.
PINCHE AQUÍ PARA LER A TRANSCRIPCIÓN DA INTERVENCIÓN DE LOSADA
Para Losada, as ameazas do PP revelan o seu escaso talante democrático e converteno nunha seria ameaza para a liberdade de expresión. "O PP vén de acreditar publicamente a súa visión doblemente franqusita da política. Na súa política basura, o PP pode acusar a quen quere e como quere e o acusado ten que demostrar a súa inocencia e se o acusado ten a ousadía de defenderse, a resposta é tentar ameazalo e intimidalo", sinala nun comunicado.
PARTIDO BASURA.- Os populares, a través do seu secretario xeral,
Alfonso Rueda, consideran que Losada profeiru insultos conta os votantes do
Partido Popular ante o que Losada ratifícase na súa afirmación de que o PP é un partido basura, con portavoces basura e que fai política basura e que ademais agora se convirte nun perigo e unha ameaza para o libre exercicio dos dereitos dos cidadáns. Dende o máximo respecto ós votantes do PP, pídelles que reflexionen sobre a conveniencia de dar o seu voto a un partido o que non lles importa chamarlles basura so para ter algo que botarlle en cara a un adversario político. Losada recorda que o único que chamou basura aos seus votantes foi Rueda e o PP e ratificase na súa reflexión: o voto ó PP é un voto basura, á política basura.
O
Partido Popular tamén indicou que, "diante da gravidade das falsidades verquidas onte por
Antón Losada contra a voceira de Familia", á que acusou de supostas irregularidades, pedirán o amparo da Presidencia do
Parlamento de Galicia para Susana López Abella e plantearán iniciar accións legais "para defenderse da difamación da que foi obxecto a deputada, posto que as afirmacións efectuadas por este son totalmente falsas e constitutivas dun delito de calumnia".
Pola súa banda, Losada ratificase tamén punto por punto nas súas declaracións respecto á abondosa traxectoria procesal de Susana López Abella. O único que fixen foi facer miñas as súas verbas mentres pasaba por ese calvario xudicial: teñen o dereito a xudicializar os seus argumentos, pero tamén deben responder ante a cidadanía do seu criterio equivocado, senón malintencionado, e constatar un feito: a Antonio Losada nunca o chamaron a declarar por un escuro asunto urbanístico, a Antonio Losada nunca lle dixo un tribunal que financiara con cartos públicos ate 60 obras privadas días antes dunhas eleccións e a Antonio Losada nunca o condeou o TSXG por cobrar indebidamente unha dedicación exclusiva pouco transparente".
"Como tamén aclarei nas miñas declaracións, a sentencia foi casada polo Tribunal Supremo máis tarde. Por certo, nese caso o alcalde tivo a decencia de deixar de cobrar as dietas que percibia ate que se resolvera o recurso. A señora López Abella seguiu cobrando puntualmente cada mes a pesares da sentencia, nun xesto que eticamente se comenta por si solo. Cada quen ten a Biografía que ten e reponde por ela, na vida e nos tribunais de xustiza", engadiu.
CONVERSA TELEFÓNICA.- O popular
Alfonso Rueda mencionou tamén unha conversa telefónica entre Losada de Abella na que o secretario xeral de de Relacións Institucionáis empregou un ton que os conservadores consideran "ameazante".
Respecto as afirmacións de Rueda sobre este asunto, Losada apunta que "é a segunda vez que o Secretario do PP revela unha conversa confidencial entre responsables políticos e mantida dentro dos códigos mínimos de confianza que rexen na vida política e é a segunda vez que minte ó facelo. A primeira vez que mentiu foi respecto a unha conversa que mantivo co propio Losada respecto do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e do Benestar. A segunda é agora revelando unha conversa na que non foi nin parte".
Por eso considera que Rueda "é un deses portavoces basura que fan a política basura do PP: mentir, calumniar, inxuriar e faltar á verdade". Losada anúncialle que "esta vez cometeu un erro, porque como xa imos coñecendo ó
Partido Popular, a conversa estrictamente de caracter privado e confidencial, mantívose diante de testemuñas que poderán acreditar o seu contido se persisten nesa mentira".