Política Lingüística destinada máis de 1M€ ó fomento de proxectos editoriais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia unha convocatoria de axudas destinadas á edición en galego de materiais curriculares para niveis non universitarios e materiais para a formación de adultos.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de maio.
Xornal.com - clásica 22/03/2007 - 12:33 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística anuncia unha partida de 1.050.000 euros para a edición en lingua galega. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha resolución de Política Lingüística coas bases e as condicións para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de distintos materiais impresos, visuais ou audiovisuais. A convocatoria refírese á edición de materiais curriculares ou complementarios para os niveis non universitarios e material para a formación de adultos. Este último deberá incorporar as directrices do Marco europeo común de referencia para as linguas.

Os destinatarios das axudas son as empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, legalmente constituídas.

Para poder acceder ás axudas, os requisitos son que a empresa solicitante dispoña dun departamento de edición en Galicia e que os proxectos estean correctamente realizados en galego, ademais de que a tiraxe mínima dos materiais impresos sexa de 1.000 exemplares e de 500 os editados en soporte dixital ou audiovisual.

EXCLUSIÓNS.- Quedan excluídos de financiamento os materiais didácticos para o nivel universitario, os libros de bibliófilo, as publicacións de difusión gratuíta, os libros publicados por clubs do libro ou entidades semellantes destinados aos subscritores, as obras que non sexan primeira edición e aquelas publicacións ou material didáctico que xa recibisen subvención das consellerías de Cultura e Educación e Ordenación Universitaria en anteriores convocatorias.

As empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 31 de maio. A relación dos beneficiarios e o importe da axuda concedida publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega. O prazo máximo para a resolución das concesións non poderán exceder de seis meses, contados a partir do 23 de marzo; o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad