A Xunta non se pronunciará sobre o PXOM vigués ata que se aprobe en pleno

A Consellería de Política Territorial anunciou que non ten previsto pronunciarse ao respecto do PXOM de Vigo ata que o texto sexa aprobado provisionalmente polo pleno e incorpore a documentación esixida.

Este departamento autonómico reitera que é o Concello de Vigo o que ten que introducir no documento "todas e cada unha das deficiencias explicitadas na orde de 19 de xaneiro e que persisten desde hai tres anos".

A CPTOPT lamenta que se estea "intentando confundir á cidadanía e recorda que foron os responsables municipais os que de xeito unilateral deron por finalizadas as reunións de traballo".
Xornal.com - clásica Actualizado 11/04/2007 - 08:37 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago .- A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes non se pronunciará sobre o PXOM de Vigo mentres este documento non sexa aprobado provisionalmente polo Pleno da Corporación e conte con todos os informes complementarios que avalen a súa viabilidade, tal e como esixe a Lei. Ante a petición de Vigo, que solicita da Dirección Xeral de Urbanismo un pronunciamento de conformidade previo á remisión do Plan Xeral ó Pleno, Política Territorial considera "preciso recordar que o ordenamento xurídico establece no seu procedemento que é requisito previo e indispensable a aprobación plenaria do documento para que a CPTOPT poida resolver". Por iso, a Consellería lamenta "que dende o Concello de Vigo se estea intentando confundir á cidadanía e recorda que foron os responsables municipais os que, unilateralmente, decidiron poñer fin as reunións de traballo".

Neste sentido, Política Territorial remitiu unha carta ós responsables municipais na que lembra que é o Concello de Vigo "o responsable de introducir no seu PXOM todas e cada unha das correccións explicitadas pola CPTOPT na Orde do 19 de xaneiro de 2007, moitas delas xa detectadas no 2004. Xunto con esas correccións, o Concello tamén ten que incluír no PXOM os informes sectoriais pendentes e o procedemento de Avaliación Estratéxica Ambiental, e toda esa documentación deberá ser aprobada provisionalmente polo Pleno da Corporación. Polo tanto, ata que se produza esa aprobación plenaria e o documento definitivo sexa remitido tal como esixe a lei, a Consellería de Política Territorial non se pronunciará sobre o PXOM vigués".

Tanto a conselleira, María José Caride, como o director xeral de Urbanismo, Ramón Lueje, reiteraron en diversas ocasións "a necesidade de cumprir o requisito legal da aprobación provisional do PXOM por parte do Pleno de Vigo, e mesmo se detallou dita obriga nunha carta enviada ao Concello na que se lle lembraba o procedemento legal para a aprobación dun Plan Xeral". Por este motivo, desde a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes laméntase "que os responsables municipais non asuman as súas competencias e responsabilidades e leven tres anos perdidos desde que en 2004 se sinalaron as deficiencias que persisten no documento". Política Territorial insiste no seu "compromiso de resolver sobre o Plan no prazo dun mes -en vez dos tres meses que lle permite a lei- dende o momento en que o Concello llo remita con todas e cada unha das correccións feitas, con toda a documentación preceptiva e vinculante e aprobado polo Pleno da Corporación".

Segundo defenden dende a Xunta, a CPTOPT "sempre fixo pública a necesidade de que Vigo contara cun Plan Xeral de Ordenación Municipal dotado de seguridade xurídica e adaptado á legalidade vixente, independentemente do tempo que precise".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad