XORNAL I Santiago.- O máximo mandatario autonómico, Emilio
Pérez Touriño, destacou esta mañá a aprobación por parte do Goberno galego da oferta de emprego público para o ano 2007, que inclúe un total de 1.035 prazas. Esta oferta supón, segundo destacou o presidente da
Xunta, un incremento de máis do dobre, con respecto ao ano pasado, no relativo ás prazas correspondentes a escalas da Administración xeral e corpos da Administración especial.
O presidente da
Xunta destacou que os principios de publicidade, transparencia e concurso de méritos rexen á acción do seu Goberno á hora de fixar o emprego público na Comunidade Autónoma. Isto é así, asegurou, tanto na función pública como na sanidade. Con este Goberno haberá publicidade, transparencia e mérito, asegurou
Pérez Touriño. Non se entra a dedo, non se recruta a dedo e non se adquiren dereitos para seguir entrando pola porta de atrás, apostilou.
PROTESTAS DOS FUNCIONARIOS.- Ante a aprobación desta Oferta de Emprego Público, un grupo de interinos protestaron na antesala do lugar de reunión do Consello da
Xunta por entender que as novas normas non garanten a súa entrada directa na función pública.
O máximo mandatario galego sinalou ó respecto que a
Xunta actual, "ao contrario do que se fixo durante 16 anos de gobernos do PP", permite a "garantía absoluta" de que se exerzan liberdades como a de manifestación, mesmo na antesala do lugar onde se celebran os consellos da
Xunta en San Caetano. Hai liberdade absoluta como non pode ser doutra maneira nun réxime democrático, indicou Touriño.
Na roda de prensa posterior á cita semanal co seu Gabinete, Touriño admitiu ver a concentración de protesta cando ás 8.45 horas dirixíase a presidir o Consello, aínda que preguntado pola carga policial "desproporcionada" que denuncian os sindicatos e as demandas que xa presentaron en comisaría, asegurou que non tivo "oportunidade de coñecer tales feitos" e non advertiu "ningunha anormalidade". "Solicitarei a información", engadiu, pero negou categóricamente que él mesmo ordease unha carga policial. "Non saio do meu asombro e da indignidade e a vergoña que me produce esa acusación", dixo.
OFERTA DE EMPREGO.- A oferta de emprego público aprobada hoxe comprende prazas para persoal de novo ingreso correspondentes a distintos corpos e escalas da Administración xeral e especial e tamén distintas categorías de persoal laboral fixo. Neste sentido, inclúe 477 prazas para a Administración xeral repartidas en 374 para corpos xerais e 103 para escalas da seguinte maneira:
Administración especial
En canto ao número de prazas da Administración especial, a oferta recolle179 prazas, 86 do corpo facultativo superior da xunta de Galicia e 93 do corpo facultativo de grao medio da
Xunta de Galicia. A oferta recolle igualmente 78 prazas de persoal laboral fixo, 15 do grupo I; 3 do grupo II; 5 do grupo III; e 55 do grupo IV.
Promoción interna
No ano 2007 convocaranse 301 prazas en promoción interna independente para os funcionarios dos distintos corpos da Administración xeral da
Xunta de Galicia. A distribución de prazas é a seguinte:
Corpos xerais
- Superior da administración da
Xunta (grupo A): 28
- Xestión da administración da
Xunta (grupo B): 19
- Administrativo da
Xunta (grupo C): 131
- Auxiliar da
Xunta (Grupo D): 120
Escalas
- Escala superior de finanzas (grupo A) 3
Cota de acceso para persoas discapacitadas
A oferta de emprego público deste ano eleva a cota de acceso para discapacitados ao 7%, de tal xeito que se reservará esa porcentaxe das prazas para persoas con discapacidade. Cómpre sinalar que ese redondeo establécese á alza, polo que se o resultado da aplicación do 7% dá unha diferenza igual ou superior ao 0,5, computarase como 1. Ademais, establece a preferencia na elección de destino para persoas con discapacidade xustificada por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas.
---
Para consultar a referencia do Consello en pdf prema aquí
Escoite aquí a rolda de prensa posterior ao Consello