Reporteiros sen Fronteiras presenta en Santiago o seu informe anual o 3 de maio
Reporteiros sen Fronteiras e a Asociación da Prensa de Santiago de Compostela diante do 3 de maio, XVII Día Mundial da Liberdade de Expresión, instaurado pola UNESCO, teñen previsto celebrar unha conferencia de prensa no Club Internacional de Prensa de Santiago este xoves 3, as 11.00 horas. Actos semellantes por parte de RSF e a Federación de Asociacións da Periodistas de España (FAPE) terán lugar o mesmo día e a mesma hora en Barcelona, Málaga, Madrid, Valencia e Huesca.
Xornal.com - clásica
Actualizado 28/04/2007 - 13:58 h.
XORNAL I A Coruña.- No acto presentarase o Informe Anual de Reporteiros sen Fronteiras no que se salienta a morte de 23 xornalistas durante o pasado ano e preto de 200 encarcerados en todo o mundo, así como 13 reféns en zonas de conflictos bélicos. No informe saliéntase que desde finais da 2ª guerra mundial morreron 1.889 xornalistas, sendo víctimas simplemente polo mero feito de levar a cabo o seu traballo de comunicadores. Asemade, darase un listado de predadores da liberdade de expresión, entre os que salientan ó presidente de Laos, Choummaly Sayasone, ou ó de Azerbaiyán, Ilham Aliev asi como os carteis mexicanos da droga, que ameazan constantemente a vida dos xornalistas, ou as persecucións das mulleres xornalistas en Irán.
No acto estarán presentes Mamem Gurruchaga, directiva da sección española de Reporteiros sen Fronteiras, Carme Carballo, directora do Club Internacional de Prensa e Luís Menéndez, presidente da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.