A folga do Ensino tivo unha incidencia entre o 72% e o 38%

A feira foi según quen a conte. A folga do ensino galego, tamén. Os sindicatos sitúan a incidencia no 72% do profesorado. A Xunta reduce a cifra ate o 38%. En Santiago, preto de 3.000 profesores corearon na rúa consignas contra o horario estival.
Xornal.com - clásica Actualizado 03/05/2007 - 17:50 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- A primeira xornada de folga no ensino galego rexistrou unha participación irregular, moi alta según os convocantes (que falan dunha incidencia do 72% do profesorado, segundo a CIG) e moi baixa según a Xunta (que a sitúa por debaixo do 38%).

Os sindicatos cifran, ademáis, en 3.000 os profesores que se reuniron en Santiago para amosar a súa disconformidade coa nova lei que amplía a xornada lectiva nos meses de xuño e septembro.


En declaracións aos medios, o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, esixiu de novo á conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, que lles reciba para abordar a recuperación da xornada reducida xa que, segundo insistiu, a súa supresión representa "unha imposición" da Administración educativa. "Ante o clamor maioritario, pedimos á consellería que corrixa a imposición dunha orde que liquida a xornada reducida en xuño e setembro", reivindicou Louzao, quen insistiu en que Educación "debe rectificar e corrixir a súa actuación" para que continúe a xornada reducida matinal neses dous meses.

Pola súa banda, a Consellería de Educación emitiu unha nota na que destaca "a baixa incidencia da folga", xa que foi secundada "por pouco máis dun terzo do profesorado afectado polos cambios da orde de calendario escolar para o vindeiro curso". Os datos de participación na folga "poñen de manifesto un seguimento irregular entre o profesorado do corpo de mestres, xa que nos restantes corpos non tivo ningún efecto".

Segundo a Xunta, a folga foi seguida polo 37,38% do profesorado afectado. Por provincias, a participación foi desigual, rexistrándose na de Lugo a menor incidencia co 21,76%, fronte á de A Coruña, que acadou unha porcentaxe de participación do 48,87%. Pontevedra rexistrou unha incidencia do 31,45%, mentres que Ourense a participación do profesorado do corpo de mestres foi do 32,59%, según os datos da Consellería.

Tras analizar estes datos, o equipo da Consellería de Educación entende que "o acordo asinado coas organizacións sindicais que representan a maioría do profesorado é o camiño que debe seguir a Administración educativa a partir deste momento". Neste senso, a Consellería "está a traballar para negociar na Mesa Sectorial os temas que se contemplan en dito acordo".

O documento "xa contempla a xornada intensiva nos meses de xuño e setembro e entre os temas a tratar está a redución da xornada de permanencia e da xornada docente do profesorado do corpo de mestres", aseguran dende a Xunta.

---

NOVAS RELACIONADAS:


A CIG cifra en máis do 72% o seguimento da folga no ensino
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad