XORNAL I Ourense .- A paridade protagonizará dun futuro proxecto de goberno socialista no concello de Ourense, segundo explicou
Francisco Rodríguez: Impulsaremos a paridade ó máximo no Concello de Ourense e seremos un exemplo a seguir en Galicia. As políticas de igualdade na Cidade das Burgas centrararíanse na creación dunha Auditoría de Xénero, Estadísticas Locais, e un Observatorio Municipal contra a violencia de xénero, entre outras medidas. Para poder desenvolver este ambicioso programa crearase unha concellería da Muller profesional cun importante orzamento.
Francisco Rodríguez, candidato socialista á alcaldía de Ourense, aposta por unha concellería da Muller centrada nas necesidades reais do sexo femenino desta cidade, cuns orzamentos e estructura acordes coa función que desenvolverá. Crearemos unha comisión interdepartamentel da igualdade na que pariciparán tódalas Concellerías. O seu obxectivo será incorporar o principio de igualdade nas políticas desenvolvidas dende todálas concellerías da institución municipal ou, o que é o mesmo, aplicar políticas transversais, explica
Francisco Rodríguez quen a través das políticas transversais imprimirá unha perspectiva non de xénero o seu futuro goberno.
No caso de chegar a formar goberno, os socialistas de Ourense prometen que nos primeiros cen días do seu mandato crearían "unha Auditoría de Xénero para coñecela realidade actual de Ourense, que axudará a detectar as situacións de desigualdade entre homes e mulleres. Outra das apostas do futuro goberno socialista é o Observatorio Municipal contra a violencia de xénero que incluirá a profesionalización da Casa de Acollida Municipal".
Defende esta formación política que as mulleres representan ó 51 % da sociedade e teñen unha perspectiva diferente das necesidades e os problemas da sociedade. Temos que desenvolver a perspectiva femenina nos órganos de poder para facilitar a vida dos cidadáns explica o líder socialista. A paridade chegará ás concellerías, ás xuntas de área e de goberno, así como á representación do concello noutras institucións.