A praza Teucro acolle un concerto de musicagalizando

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade colaborou coa Asociación Cultural Musical Solfa, coa Banda da Escola de Música de Rianxo e coa Banda da Agrupación Musico-Cultural de Ribadumia na posta en marcha desta iniciativa.
Xornal.com - clásica 01/07/2007 - 13:15 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Rianxo .- Máis de 90 rapaces pertencentes á Asociación Cultural Musical Solfa de Santiago, á Banda da Escola de Música de Rianxo e á Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia ofrecen hoxe un concerto que ten como repertorio a banda sonora de varios coñecidos filmes. A actuación terá lugar na pontevedresa praza Teucro, ás 22,00 horas.

O concerto é o colofón da iniciativa Musigalizando, un campamento musical organizado coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, no que os participantes puideron compartir o seu tempo de lecer arredor dunha afección común: a música.

Os participantes, con idades comprendidas entre os 8 e os 25 anos, compartiron durante unha semana as instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo. Alí alternaron actividades de tempo libre en contacto coa natureza con ensaios á mañá e á noitiña que lles permitiron preparar un repertorio que ten como prato principal as bandas sonoras de películas como Titanic, Braveheart ou Piratas do Caribe.

Os integrantes dos tres conxuntos que participan en Musigalizando levan dende o mes de xaneiro desenvolvendo o traballo previo a este campamento, preparando por separado o repertorio de partituras que permitirá montar estes concertos finais. Segundo explicaron os profesores, trátase dun cartel que non poderían executar cada unha das agrupacións por separado por falta de medios humanos ou de instrumentos, pero que si poden abordar en conxunto, co importante reto que isto supón para os rapaces e rapazas.

Experiencia piloto
Pola súa parte, Rubén Cela explicou que o apoio da Dirección Xeral de Xuventude a este proxecto se encadra na liña de acción que vén desenvolvendo este departamento da Vicepresidencia de cara a potenciar a produción musical entre a mocidade. Así, aludiu a iniciativas como a Rede Galega de Locais de Ensaio e o certame GZ Crea, que conta con apartados específicos na súa modalidade de composición para bandas noveis e para bandas tradicionais.

O director xeral destacou o novidoso deste campamento e adiantou que Xuventude vai estudar esta experiencia como proxecto piloto de cara ao seu desenvolvemento nas próximas Campañas de Verán. Neste senso, Cela subliñou a importancia que ten diversificar a oferta de ocio, máis concentrada nestes momentos nas vertentes lúdica, deportiva ou de medio ambiente, para potenciar estas iniciativas de tipo lúdico-cultural.
Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad