Xornal.com - clásica
Actualizado 09/07/2007 - 11:27 h.
XORNAL I Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol advertiu da chegada dun cuarto gaseiro á planta ferrolá. Trátase do metanero Port Harcourt, que ten unha carga de 55.000 toneladas en peso de GNL, equivalentes en volume a 110.000 m3, unha eslora de 275 metros e antigüidade de 31 anos e bandeira de Bermudas.
O buque ten previsto entrar na día de Ferrol coa pleamar diúrna deste luns día 9 de xullo ás 12:15 horas, o cal de producirse "repetirá a temeridade dunha operación que agudiza a ameaza á vida da poboación, pois este tipo de barcos cargados de gas natural licuado non ten garantida a saída ao mar en caso de urxencia durante a descarga, tal e como requiren as norma EN-1532 que é aplicables e obrigatoria a Reganosa", según o Comité.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, acordou continuar a tregua de non realizar actuacións de bloqueo aos gaseros na canle de entrada da Ría. Mañá martes celebrará unha asamblea na que explicará esta decisión ó tempo que proporá un conxunto de actuacións para os meses de xullo e agosto, a fin de finalizar nunha manifestación no mes de setiembre.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.