Atopan pezas da Idade do Ferro nunhas escavacións arqueolóxicas en Lalín

Os arqueólogos cren que este achado podería marcar un fito historiográfico na arqueoloxía galega .
Xornal.com - clásica Actualizado 27/07/2007 - 12:20 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- O Castriño de Bendoiro en Lalín proporcionou novos achados nos traballos que se realizan no ámbito do trazado da liña do AVE de Ourense a Santiago. Os arqueólogos exhumaron dúas estruturas singulares no contorno do castro ás que se lles atribúe unha función funeraria e se lles sitúa na Idade do Ferro; nestes probables enterramentos, un deles formado por dúas gabias lineais, atopáronse diversas pezas metálicas.

Á espera de estudos máis demorados e detallados, os expertos vincúlanas ó xacemento castrexo de Bendoiro e sitúanas na primeira Idade de Ferro.

Tamén se localizou outra posible tumba de inhumación, asociada a estruturas lineais, pero na que non se atoparon nin restos óseos nin elementos arqueolóxicos asociados. Aínda está por completarse a escavación desta área que permita realizar unha atribución cultural e cronolóxica máis precisa dos restos atopados.

Á espera de que se realicen máis traballos e análises concretas para deixar documentados exhaustivamente estes restos, os arqueólogos cren que este achado podería marcar un fito historiográfico na arqueoloxía galega se se comproba, por primeira vez, que corresponden a tumbas da Idade do Ferro ou mesmo á etapa anterior.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad