XORNAL I Santiago.- Reganosa afirma que cumpre estritamente o establecido no Regulamento de Actividades Molestas (RAMINP) sobre a distancia que ten que mediar entre a regasificadora e a poboación. Tanto a observancia desta norma coma o uso de modernas tecnoloxías con sistemas redundantes garanten que calquera incidencia na planta sexa moi remota e que os seus efectos se limitasen ao propio recinto da terminal, segundo a compañía.
"O artigo 4 do Regulamento de Actividades Molestas (RAMINP, Decreto 2414/1961) di que a elección do lugar para unha instalación deberá aterse ás ordenanzas municipais e planes de urbanismo, e establece ademáis que as industrias só poderán emprazarse, como regra xeral, a unha distancia de 2.000 metros, a contar desde o núcleo máis próximo de poboación agrupada", explica nun comunicado Reganosa.
Con respecto ao cumprimento das ordenanzas municipais, segundo o Plan Xeral de Ordenación Urbana de Mugardos, o lugar donde se atopa a regasificadora é "solo urbano industrial G", calificación que permite expresamente "o almacenamento e regasificación de gas natural licuado. Xa que logo, segundo a normativa municipal, a localización da planta é correcta", considera a sociedade.
O RAMINP (Decreto 2414/1961) di nos seus artigos 5 e 20 que o establecido no seu artigo 4 (é dicir, 2.000 metros entre a planta e un núcleo de poboación) é unha distancia orientativa e non esixible en tódolos proxectos, "a condición de que se adopten as medidas que se requiran en cada caso". Estas últimas medidas quedaron establecidas nos reais decretos 1254/1999 e 1196/2003. En concreto, o artigo 12 do RD 1254/1999 fixa que os órganos competentes (a
Xunta) determinarán as distancias axeitadas que se indiquen como resultado dun estudio de seguridade.
Reganosa afirma que o estudio aprobado polo Goberno de Galicia "deixa claro que as áreas vulnerables na zona terrestre non afectan á poboación, senon que se atopan enteiramente dentro dos límites de Reganosa e da colindante Forestal del Atlántico, habendo tratado axeitadamente os potenciais efectos recíprocos entre ámbalas dúas instalacións".
Ademáis da estrita observancia desta normativa, Reganosa afirma utilizar as últimas tecnoloxías para garantir a plena seguridade das súas instalacións e que a normal operación da regasificadora non cause molestias.