XORNAL I Santiago.- O secretario de Relacións Institucionais da
Xunta de Galicia,
Antón Losada Trabada, presentou hoxe a súa dimisión. A renuncia de Losada, que responde a "motivos persoais" según soubo
Xornal.com, será aceptada polo Consello da
Xunta que hoxe se reúne en San Caetano. Dende Vicepresidencia négase que se trate dunha destitución.
Antón Losada traballou man a man con
Anxo Quintana desde que éste tomara posesión como Vicepresidente da
Xunta en xuño de 2005.
A rica traxectoria de Losada
Antón Losada Trabada, nado en 1966 no municipio lucense de Xove, é, dende 2002, profesor titular de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou en Dereito. É doutor europeo en Dereito tras presentar a tese titulada: "El impacto de una política sobre la consolidación institucional de la autonomía: Análisis de la Política de Pesca en Galicia", dirixida polos catedráticos Ramón Máiz e Joan Subirats. É máster en Gestión Pública pola Universitat Autónoma de Barcelona e autor de varios
libros.
Como xornalista, colaborabou como articulista en
El Periódico de Catalunya y en
Xornal.com. Foi tamén comentarista habitual dos servicios informativos da
Cadena Ser e tertuliano no programa Hoy por Hoy, así como en Cincuenta y nueve segundos, de
TVE, y no espacio de Ana Rosa Quintana, en
Telecinco. Anteriormente exerceu como comentarista no xornal coruñés
La Opinión.
Como articulista tamén exerceu en
La Voz de Galicia, no suplemento Economía e Finanzas do mesmo diario e en Diario16 e Diario de Galicia. No Grupo Voz desenrolou de maneira simultánea a súa condición de tertuliano en Radio Voz a través dos espazos Camiño de Volta, con Xosé Luís Barreiro; La Voz de la Mañana, con Carlos Alsina, e Redacción Noche, con Victoria Prego. Anteriormente, foi guionista e presentador en Radio Nacional de España R-4 (Noroeste), en
TVE-G e a TVG, así como copresentador e subdirector do programa Bule Bule, dirixido por
Antón Reixa. Outra das súas experiencias ten relación con tarefas executivas en Galicia e en Madrid, xa que ocupou os postos de director xeral de RadioVoz e adxunto ó conselleiro-delegado do Grupo Voz. Do seu carácter polifacético tamén pode dar idea que foi autor teatral e ocasionalmente colaborou como letrista en discos de Siniestro Total e
Antón Reixa.
Carlos Aymerich destaca o "intenso traballo" do nacionalista
O portavoz do
BNG no Parlamento galego,
Carlos Aymerich, destacou o "intenso traballo" que Losada desenvolveu no departamento dirixido por
Anxo Quintana con "logros" como a posta en marcha do Consorcio Galego de Servizos Sociais e sinalou que "será difícil sustituilo", pero "se abre unha nova etapa centrada en xestionar estos avances".
"Incluso os que o criticaban querrían telo ó seu lado", aseverou en declaracións que recolle
El Correo Gallego. O deputado nacionalista mostrouse confiado en que
Antón Losada poida continuar "colaborando con traballo do Goberno galego".
Futuro
Trala súa dimisión,
Antón Losada podería voltar a colaborar con algúns medios de comunicación, tal e como fixera antes de acceder ó cargo que agora deixa. Fontes de Vicepresidencia da
Xunta confirmaron que o seu sustituto será Xavier Ferreira Fernández.
Nacido en Valdoviño (A Coruña) en 1966, Ferreira Fernández está casado e é pai de dous fillos. Licenciado e doutor en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ampliou os seus estudios de doutoramento na Universidade de Bolonia e na Escola de Administración Pública de Cataluña.
Cunha ampla experiencia en materia de formación ten participado e dirixido numerosos cursos de formación de funcionarios, mestrados e congresos. A súa actividade investigadora centrouse, fundamentalmente, no estudo do dereito local, do réxime xurídico dos funcionarios públicos e dos dereitos lingüísticos. Froito da mesma é a publicación de catro monografías e numerosos artigos en revistas da especialidade e en obras colectivas. Entre as últimas publicacións pode salientarse a participación na obra Estatuto xurídico da lingua galega editada por xerais ou a coordinación dos dous volumes de análise do dereito como feito diferencial de Galicia editados polo Museo do Pobo Galego.
Actualmente é profesor titular de dereito administrativo da USC, e director da Escola Universitaria de Relacións Laborais. Foi Director do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado entre 1999 e 2005, e membro da ponencia redactora dos estatutos da USC.
No ámbito da xestión, Ferreira Fernández colabora actualmente con diversas administracións públicas en actividades relacionadas coa xestión dos recursos humanos e a elaboración de propostas normativas. É membro, por designación parlamentaria, da
Xunta Electoral de Galicia e tamén do padroado do Museo do Pobo Galego.
Situación na Xunta
O novo secretario de Relacións Institucionaís atoparase cunha situación de certa tensión no goberno galego tralas tensións vividas entre os socios do bipartito sobre á proposta de Quintana de que os nenos aprendesen o himno galego nas galescolas, os reproches dos nacionalistas polo tratamento informativo da TVG ó seu respecto, ou as críticas dende as filas socialistas polas festas dos maiores organizadas dende Vicepresidencia. Cómpre recordar que as consellerías nacionalistas retiraron da orde do día do Consello celebrado o 30 de agosto os asuntos do seu departamento. As tensións sinaladas, xunto coas diferencias respecto da negociación dos presupostos para 2008, levaron a que Quintana e Touriño mantiveran o pasado martes unha reunión para achegar posicións, e parece que as relacións son xa algo máis fluidas.
---
MÁIS INFORMACIÓN:
ANTÓN LOSADA. Artigo de
Xoán Antón Pérez Lema