Quintana: "Non creo que haxa agora máis discrepancias no Goberno que antes"

O vicepresidente da Xunta considera que "o máis importante para o BNG é cumprir o pacto de goberno.
Xornal.com - clásica 11/09/2007 - 17:21 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- “Non creo que haxa máis discrepancias no goberno agora que ao comezo de lexislatura”, afirmou Anxo Quintana na entrevista de Hai debate!, descartando o termo crise para referirse ás diverxencias no bipartito. Precisou que “as diferenzas se resolven con diálogo”, pero lembrou que para o BNG, “o máis importante é o noso compromiso cos cidadáns de cumprir o programa de goberno”.

Neste programa, presentado por Ana Rodríguez e que contou con Xan Carballa, Ernesto Sánchez Pombo e Arturo Cerviño como xornalistas convidados, o portavoz nacional do BNG enfatizou a importancia da cultura de coalición e asegurou que “este é un modelo para moito tempo”. “A oposición, que di ser europeísta, debería ter en conta que o 80% dos gobernos europeos son executivos de coalición”, afirmou, en resposta ás críticas do PP.

Sobre este mismo tema, puxo en dúbida a afirmación dun dos xornalistas convidados, quen asegurou “que o PSOE obtiña sempre os réditos dos gobernos de coalición”. “Iso é un mito”, dixo, e puxo como exemplo Ribadeo, onde o BNG pasou de ser o socio minoritario a ostentar a alcaldía como lista máis votada. “En todo caso, o importante de participar nos gobernos non é obter réditos políticos, senón facer concellos con máis calidade de vida, facer que o país avance”, asegurou.

Polémica das galescolas e o himno

Preguntado por si a polémica do himno e as galescolas “era unha cuestión dunha serpe de verán”, o vicepresidente da Xunta asegurou que “en todo caso, falariamos de serpes velenosas”. Quintana asegurou que o goberno galego traballaba para “sentirnos orgullosos do que somos, que é a mellor forma de coñecer o resto do mundo”. Considerou totalmente absurdo que houbese polémica “porque dixen nun acto, en concreto nunha homenaxe ao gaiteiro de Soutelo, que sería bo traballar para que todos coñezamos o himno galego, tamén os nenos e as nenas”.

Complemento salarial aos altos cargos

O líder nacionalista asegurou “comprender” a polémica que xurdiu en torno ao complemento salarial para os funcionarios que ocuparon durante dous anos altos cargos na administración autonómica. Nesa liña, explicou que o proxecto orixinal da lei -impulsada pola consellaría de Presidencia- non contemplaba este complemento. Porén, o Partido Popular decidiu presentar unha emenda sobre esta cuestión, que foi aceptada polos impulsores do proxecto.
Quintana asegurou que “cando se reforme a Lei de Función Pública”, será un bo momento para revisar esta cuestión.

Preguntado polas festas de maiores que organiza a Vicepresidencia, Quintana asegurou que “as críticas a estes actos veñen de xente que aspira a que o nacionalismo sexa só un proxecto de élites; mentres que nós somos un proxecto popular”. O responsábel das políticas de Benestar do goberno galego destacou o aumento do investimento no sector de poboación maior de 65 anos; en centros de día, servizos a domicilio e residencias. “O que estaría mal sería facer festas e non facer nada máis”, asegurou.

POr outra banda, Quintana negou problemas do BNG cos medios de comunicación social, asegurando que traballan “segundo a súa autonomía” e que “si un non che gusta, sempre podes escoitar, ver ou ler outro”.

Accidentes, Estatuto e orzamentos do Estado

O portavoz nacional tamén respondeu a varias preguntas sobre o drama dos accidentes nas estradas, avogando por unha transferencia das competencias de tráfico ao noso país. Ademais, apostou por volver levar o debate en torno á necesidade dun novo Estatuto á axenda política. Mentres este non sexa aprobado, o goberno galego tentará aumentar as transferencias competenciais do Estado á Xunta. Por último, destacou a posición de forza na que se atopan os deputados nacionalistas no Congreso para “conseguir que Galiza teña o trato que se merece nos orzamentos do 2008”.

Suscripción a papel
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad