O Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha manifestación para o próximo domingo

Hoxe cúmprense dous meses do peche no Concello de Mugardos dos veciños de Meha, que protestan pola ubicación da planta de Reganosa.
Xornal.com - clásica Actualizado 23/09/2007 - 17:06 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Ferrol.- O Comité Cidadán de Emerxencia(CCE) e outras asociacións de caracter social presentaron ata agora preto de 17 accións xudiciais entre os que se atopan 10 recursoscontencioso administrativo e de alzada, así como denuncias, incidencias de nulidade, etc. nos Tribunais de Xustiza.

Tamén fixeron entrevistas aos organismos oficiais responsables da emisión do ACTA de posta en servizo da planta de GNL de Mugardos e a sí mesmo con responsables políticos nos concellos da ría de Ferrol.

Onte máis de 200 intelectuais e artistas de toda Galicia asinaron un manifesto en contra da planta de Gas no interior da Ría e de apoio á manifestación que se celebrará o vindeiro 30 de setembro ás 12:00 horas no peirao de Ferrol.

Hoxe cúmprense dous meses do peche no Concello de Mugardos dos veciños de Meha (lugar situado a 100 metros dos inmensos depósitos de gas licuado).
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad