O BNG pide que se amplíe o estudo sobre os efectos na saúde da exposición ó fuel

Francisco Jorquera considera “lóxico” deducir que “se o estudo realizado sobre unha mostra conclúe na constatación de afeccións para a saúde, a afectación tamén debe existir en todo o universo de persoas expostas ao fuel”.
Xornal.com - clásica Actualizado 05/10/2007 - 10:08 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Madrid.- O senador do BNG, Francisco Jorquera, ven de presentar unha pergunta na que lle solicita ao Goberno que amplíe o estudo sobre a afectación na saúde das persoas que participaron nas tarefas de limpeza do Prestige “a toda a poboación que estivo exposta ao fuel”.

Jorquera lembra que, tal como recoñece o Goberno en resposta parlamentaria con data de 21 de setembro, e segundo se desprende da memoria do estudo epidemiolóxico remitido ao Instituto de Saúde Carlos III sobre a afectación na saúde das persoas que participaron na limpeza do fuel do Prestige, “os resultados actuais amosan un incremento do risco de síntomas respiratorios, hiperactividade bronquial, estres oxidativo, inflamación pulmonar, remodelado branquial e vascular e dano cromosómico asociado á participación na limpeza do fuel 1 a 2 anos despois da mesma”. É dicir, recoñécese a existencia de afectación sobre a saúde como consecuencia da exposición ao fuel e os científicos responsábeis do informe recomendan, ao mesmo tempo, “a necesidade de realizar un seguimento da saúde da poboación analisada”, segundo explica o nacionalisys.

Unhas 400.000 persoas expostas

O senador do BNG subliña que o estudo “limitouse á análise de 810 casos” de mariñeiros de diferentes confrarías galegas, “cando o número total de persoas expostas ao contacto directo co fuel, entre mariñeiros, persoal contratado, voluntarios...etc. calcúlase nunhas 400.000”.

Nesta liña, Jorquera considera “lóxico deducir que se este estudo realizado sobre unha mostra conclúe na constatación de afeccións para a saúde, a afectación tamén debe existir en todo o universo de persoas antes citado, pois a mesma non depende da súa condición profesional, senón da intensidade e tempo de exposición ao fuel”. Por iso, o senador nacionalista pregúntalle ao Goberno se “non considera necesario cumprimentar os estudos realizados, realizando un estudo sobre o grao de afectación que englobe á totalidade da poboación que estivo exposta ao fuel do Prestige”.

A este respeito, demanda ao Executivo central se non considera imprenscindíbel realizar o devandito estudo “para, unha vez determinado o grao de afectación na saúde de cada persoa, adoptar as medidas médicas e sanitarias oportunas”.

Por último, o senador do BNG suscita ao Goberno se non cre necesario “prever o establecemento de medidas compensatorias nos casos nos que se teñan producido afectacións severas” e, en caso afirmativo, pregunta en qué consistirán.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad