Galicia conta cunha bolsa de emprego adaptada ás singularidades do audiovisual

Esta iniciativa Consorcio Audiovisual de Galicia, pioneira en Galicia, realizarase en coordinación coa Rede de Técnicos de Emprego ao abeiro dunha subvención da Consellería de Traballo.
Xornal.com - clásica Actualizado 06/10/2007 - 11:53 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- O Consorcio Audiovisual de Galicia porá en marcha, en coordinación coa Rede de Técnicos de Emprego e con outros organismos do sector audiovisual, un servizo de bolsa de emprego do sector audivisual. Esta iniciativa, creada ao abeiro da subvención da Consellería de Traballo, comezará en próximas datas, por vez primeira en Galicia, co fin de ofrecer unha resposta ás singularidades do emprego no sector audiovisual.

O traballo neste sector conta cun alto índice de rotación dos profesionais, debido ás modalidades de contratación, sendo moi habitual o emprego dos contratos por obra, de curta duración, en función da película, serie, programa, ou peza audiovisual de que se trate. Así mesmo, os postos requiren dun elevado grao de especialización e duns perfiles moi determinados, lonxe dos circuítos habituais de procura de traballo (actores, directores, guionistas, directores artísticos...). Súmase a todo isto a constante evolución do sector (debido á incorporación de novos equipos de gravación, novos formatos, software empregado...), que esixe a continua actualización e reciclaxe dos traballadores. Por todo isto, desde o Consorcio Audiovisual de Galicia asumíronse estas necesidades para constituír unha Bolsa de Emprego e un Servizo de Asesoramento que poidan dar resposta ás demandas creadas.

A bolsa de emprego é un servizo gratuíto que oferta o Consorcio, que pretende poñer en contacto a candidatos con empresarios na procura de persoal cualificado, incidindo de modo positivo nas cifras de desocupación deste sector.

Deste xeito créase unha nova ferramenta para lograr unha maior potenciación da industria galega e do seu tecido empresarial, ao tempo que se favorece a inserción laboral e se fortalece a creación de novos postos de traballo ofertando un servizo de información para emprendedores e empresarios que queiran mellorar a súa produtividade, mediante a difusión de novas relacionadas con axudas, subvencións, e especialmente con proxectos de índole audiovisual.

Englobado nestes servizos e tamén de xeito gratuíto, proporcionarase asesoramento laboral para a procura de emprego con información sobre as ferramentas propias do sector audiovisual (videobook, etc) e mediante a entrega de documentación.

Galicia Film Commission

A bolsa de emprego ten ámbito autonómico, sen embargo, o Consorcio aproveitará as sinerxías creadas pola Galicia Film Commission, que traballa na promoción de proxectos audiovisuais galegos fóra de Galicia e na atracción de rodaxes do resto do Estado e do estranxeiro. Deste xeito, poderanse promocionar a nivel estatal e internacional os equipos técnicos e artísticos galegos ao dispoñer dunha base de datos de profesionais.

Esta acción supón un paso máis cara o avance do Plan de Formación, que responde, desde a constitución do Consorcio no ano 2002, a unha necesidade de formación non cuberta polo ensino regrado. A través do mesmo preténdese reciclar aos profesionais do sector audiovisual para a súa incorporación ao mercado laboral, ao tempo que se persegue cubrir as fendas de coñecemento e profesionalización dos traballadores, suplindo as carencias da oferta formativa e mellorando o nivel de competitividade das produtoras galegas e outras empresas deste eido. No marco deste plan, pódense contabilizar máis de dez actividades formativas convocadas no que vai de ano, que contan cunha elevada demanda entre os distintos perfiles interesados: cursos de voz, interpretación, inglés audiovisual, pitching, edición de son, videoxogos...

As persoas interesadas en inscribirse na base de candidatos e empresas do sector audiovisual poden obter máis información antes da convocatoria do servizo no teléfono 981 957 182.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad