XORNAL I Santiago.- Unha da páximas que espertaba más simpatías entre os internautas galegos pola súa ironía e humor, Aduaneiros sem Fronteiras, vese obrigada a pechar tras ser amenazada xudicialmente polo avogado de
Yolanda Castaño, despóis de publicar un gráfico satírico sobre a poetisa que tivo comentarios críticos.
Esta é, alomenos, a versión que dan os responsables da páxina web nun comunicado que di, textualmente:
Sendo requiridos por Dom Pablo Carvajal de la Torre, representante legal de Dona Yolanda Castaño Pereira, a retirar do nosso site o desenho gráfico Tu Quoque Iolanda? e os comentários a ele adjuntos, sob ameaça de demanda judicial por delitos de injúrias com publicidade, e nom querendo ferir a delicada sensibilidade da nossa insigne poetisa, Aduaneiros sem Fronteiras, questionando-nos até que ponto tem sentido continuar a fazer humor gráfico neste país e a desenvolver umha autocrítica da razom galega, vimos de decidir fechar o nosso site por enquanto o nosso legítimo direito à liberdade de expressom nom se veja a salvo de coacçons judiciárias fora de lugar.
O gráfico consistía nunha animación cunha imaxe de
Yolanda Castaño, que aparecía vestida cunha túnica e cun coitelo ensanguentado na man, á que se lle podía mudar a vestimenta ao xeito que se facía coas vellas "mariquitas", e pretendía ser unha crítica á poetisa por ter aceptado o posto que antes desempeñaba o intelecutal galeguista
Isaac Díaz Pardo, e que nalgúns círculos foi considerado como unha traizón.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.