Pérez Varela defende con bágoas a súa xestión na Cidade da Cultura

O ex conselleiro chamou "miserable" ó nacionalista Aymerich, que lle preguntou directamente en canto se incrementou o seu patrimonio gracias as obras da Cidade da Cultura, na que insinou que participou unha empresa súa.

A súa vez, o portavoz do BNG tratou de "delincuente" a Pérez Varela, que defendeu, notablemente emocionado, a súa xestión.
Xornal.com - clásica Actualizado 29/10/2007 - 18:57 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- Un cruce de insultos e duras acusacións centraron a xornada máis tensa, polo momento, da Comisión que analiza a xestión do proxecto da Cidade da Cultura. Na sesión, na que os ex conselleiros de Cultura, Pérez Varela, e o de Economía, José Antonio Orza, defenderon o control que se supostamente se exerceu sobre un presuposto que terminou por triplicarse, produciuse un tenso enfrontamento entre Pérez Varela e o portavoz do BNG, Carlos Aymerich.

Este último preguntou ó ex conselleiro pola "rede de intereses tecida arredor do proxecto", mencionou algunhas das empresas vencelladas á líderes do PP que se beneficiaron do proxecto e mesmo chegou a insinuar a participación na tarta da empresa que Pérez Varela ten a medias coa súa muller. Como o ex responsable de Cultura non quixo contestar, Aymerich insistiu e preguntou directamente "como e canto incrementou o seu patrimonio nos seus anos de xestión na Consellaría".

Pérez Varela chamou entón "miserable" a Aymerich, quen respostou tratando de "delincuente" o exconselleiro.

Varela fixo unha emotiva defensa da súa xestión e da súa familia. "O patrimonio mellor que teño é unha muller fantástica que traballou arreo coma min e tres fillos tamén fantásticos", dixo, coas bágoas asomando os seus ollos, ao tempo que aseguraba ter "as mans limpas". E rematou a súa comparecencia coa frase: "A seguir para adiante ainda que non teña un peso, Xesús Pérez Varela".

A parte deste tenso enfrontamento, as intervencións de Pérez Varela e José Antonio Orza arroxaron pouca luz sobre o misterio polo cal os 108 millóns de euros do presuposto inicial da obra remataron por ser máis de 370 millóns coas últimas adxudicacións que fixo xa o Goberno en funcións de Manuel Fraga. O ex conselleiro de Cultura explicou os primeiros incrementos: de 108 millóns de euros pasou a 132 millóns porque faltaba o IVE e máis os honorarios do arquitecto, e deses 132 pasouse a 160 millóns porque as superfícies estaban mal medidas.

Pese a elo, ambos conselleiros insistiron en que o presuposto das obras estaba perfectamente controlado.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad