Fraga responsabiliza a Orza e Pérez Varela da execución da Cidade da Cultura

Exime a Núñez Feijóo de toda responsabilidade e asume a súa parte de culpa por non "terse metido demasiado" na obra.

Califica o Gaiás como "un sono" que estará entre "as 10 mellores infraestructuras culturales do mundo" e xustifica o sobregasto de centos de millóns de euros porque "istas cousas nunca se sabe o que van custar".
Xornal.com - clásica Actualizado 07/11/2007 - 16:32 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- ¿Qué é a cidade da Cultura? "Un sono" que estará entre "as 10 mellores infraestructuras culturales do mundo", reportando "grandes beneficios económicos" á Galicia. ¿E por qué costa o triple do estimado nun principio, cun desvío orzamentario de centos de millóns de euros? Pois porque "istas cousas nunca se sabe o que van custar". Iste é o resumo da intervención do ex presidente da Xunta e actual Senador, Manuel Fraga, na comisión parlamentaria que analiza a obra do Gaiás.

No eido estrictamente político, Fraga cargou as 'culpas' dos problemas coa Cidade da Cultura nos seus conselleiros Orza (economía) e Pérez Varela (Cultura), ainda que pensa que "cumpriron co seu deber". Fraga confesa que puido haber "erros de coordinación" porque non se meteu "a fondo" coa execución da obra, e descargou de responsabilidade ó actual líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, do que di que non tivo facultades no asunto.

Sobre o desvío presupuestario de centos de millóns de euros, Fraga dixo que estas cousas ocorren porque "o tempo pasa e as cousas tenden a subir". En calquera caso, pensa que a denuncia do Consello de Contas sobre o gasto excesivo da obra é "unha recomendación" pero non contén "responsabilidade contable ou penal" algunha.

O veterano político pensa que "hai que tirar cara adiante" co proxecto porque "finalmente será a admiración do mundo" e estará entre "as 10 mellores infraestructuras culturales" do planeta.

RÉPLICAS

O portavoz do BNG na comisión, Carlos Aymerich, replicoulle a Fraga que “cando os soños se fan con cartos propios, non hai problema, pero cando é con fondos públicos, debe explicacións á sociedade”. Nembargante, Fraga evitou contestar a prácticamente todas as preguntas pesentadas por Aymerich.

Pola súa banda, o socialista Ismael Rego mostrou a súa "alegría" porque o ex presidente dixese "que non seguiu de cerca o proxecto", xa que considerou que houbo "cousas das que non podería estar satisfeito".

"Digan o que queiran, pero a Cidade da Cultura é unha gran idea", resolveu Manuel Fraga as críticas de socialistas e nacionalistas.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad