O PPdG sitúa ao sistema sanitario galego "ao borde do colpaso"

O voceiro popular de Sanidade, Miguel Santalices, apunta como factores ás listas de espera, a falta de capacidade resolutiva da atención primaria e a decisións erróneas na programación da actividade dos hospitais.
Xornal.com - clásica Actualizado 22/11/2007 - 10:27 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- O PPdG denunciou hoxe a situación da Sanidade en Galicia. Considera que o departamento que dirixe María José Rubio Vidal "continúa mirando cara outro lado mentres máis de 300.000 persoas agardan poder acceder a unha consulta cun especialista, o que contribúe a agravar a saturación que presentan, desde hai ano e medio, os servicios de urxencia dos diferentes hospitais públicos da Comunidade Autónoma".

O voceiro de Sanidade do Grupo Popular, Miguel Santalices, denuncia que ás 252.000 persoas que figuran nas listas de espera para consultas se lle suman arredor de 50.000 máis que agardan acceder a unha cita pero non poden facelo porque o Sergas "vai demorando ese decisión con argumentos como que a axenda aínda non está aberta ou xa o chamaremos nas próximas semanas". "A estas pacientes súmanse os da lista de espera cirúrxica: 50.000 persoas sumando a lista oficial e a oculta", recalca o popular.

Consideran que as listas de espera que se rexistran nos centros de saúde para acceder aos médicos de cabeceira e á escasa capacidade de resolución da atención primaria. "A maiores, decisións erróneas dos equipos directivos da sanidade pública, como obras mal programadas que reducen o número de camas en determinados hospitais, defienciente planificación das peonadas e falta de coordinación entre o Centro de Transfusión e os hospitais, chegando a provocar a suspensión de intervencións programadas, explican as demoras inaceptables que se rexistran na maior parte dos servizos de urxencias dos centros públicos", aounta Santalices.

"Unha conselleira en evidencia"

Neste contexto, Miguel Santalices "convida" á conselleira de Sanidade "a reflexionar sobre a súa continuidade á fronte dese departamento autonómico" e recórdalle "a constante deserción que se está a rexistrar entre os integrantes do seu equipo directivo. Se o ano pasado deixou os seus cargos a metade da cúpula do Sergas, a pasada semana abandonou o seu posto a xerente da área sanitaria de Ferrol e nos próximos días o fará a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas". "E non será a última, porque nos conta de que hai algúns outros altos responsables preparando as maletas", agrega Santalices.

"Xa está ben de reunións e de declaracións grandilocuentes que só serven para que a conselleira ocupe espazo nos medios. Galicia dispón dos mellores profesionais e dun dos mellores sistemas sanitarios públicos do mundo. Mágoa que políticos ineptos se empeñan en deteriorar a asistencia ata límites inaceptables", conclúe o deputado popular.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad