A Xunta cifra a incidencia da folga nos centros de saúde nun 12%

Os médicos piden un reforzo de alomenos 700 novos efectivos e Rubio Vidal di estar aberta ó diálogo.
Xornal.com - clásica Actualizado 21/12/2007 - 20:03 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- A folga nos centros de saúde tivo certa incidencia, inda que a Xunta cifra a participación en pouco máis dun 12%. Os médicos reclaman máis persoal, ate 700 novos traballadores, que é prácticamente a mesma cifra de persoal que propón a Consellería de Sanidade para o próximo ano. Por eso a súa titular, María José Rubio Vidal, non entende a quen viu esta movilización. A “non ten absolutamente ningún sentido”, asegurou, posto que nos dous últimos meses se teñen celebrado catro xuntanzas da Mesa Sectorial, e nun contexto no que en 2007 se ten asinado o Plan de Mellora de Atención Primaria cunha clara vocación de optimización da atención á cidadanía, e no que en 2008 “os orzamentos están absolutamente volcados nos Recursos Humanos”, coa creación de 705 prazas en Atención Primaria, “o que constitúe un fito histórico”.

A conselleira de Sanidade reiterou a vocación de mellorar a asistencia sanitaria á cidadanía, obxectivo último do Plan de Mellora de Atención Primaria.

O Servizo Galego de Saúde valora que a gran maioría dos profesionais da Atención Primaria teñan optado por non respaldar a vía de conflito que lles foi proposta polas organizacións sindicais convocantes; e fai unha chamada á reflexión ás organizacións sindicais para que desboten a estratexia de confrontación e reconduzan a súa actuación aos canles formais de negociación que decidiron abandonar.

En concreto, o Servizo Galego de Saúde reitera que na xuntanza da Mesa Sectorial celebrada o pasado martes fixo unha oferta concreta de negociación ás organizacións sindicas, con tres liñas concretas de diálogo.

Así, o Servizo Galego de Saúde manifestou a súa disposición de analizar, de maneira inmediata e prioritaria, as condicións de traballo do persoal dos Puntos de atención Continuada (PAC), con especial incidencia na mellora das súas condicións de horario, vacacións, permisos, retribucións e oferta de emprego fixo en 2008.

En segundo lugar, prantexou a prioridade é executar o Plan de Mellora de Atención Primaria, polo que ámbalas partes deberán desenvolver os compromisos que asinaron no ámbito desta iniciativa, sinaladamente o pago por tarxeta sanitaria individual (TIS), a mellora da retribución por intersubstitución e a mellora das condicións para incentivar a realización voluntaria de atención continuada polo persoal das unidades de atención primaria.

A terceira liña de diálogo é a relativa ao conxunto de demandas salariais que integran a táboa reivindicativa de 18 puntos da folga será analizada no ámbito dun Plan de Concertación global para o conxunto do persoal do Servizo galego de saúde, que deberá ser negociado a partires do segundo semestre do ano 2008.

Pola súa banda, o responsable da Confederación de Sindicatos Médicos en Galicia, Cándido Andión, explicou que a folga convocada tiña como obxetivo converterse "nun aviso porque non quedaba máis remedio" e asegurou que as urxencias "están garantidas" en toda a comunidade autónoma, "a pesar de que o Servizo Galego de Saúde non tomou a precaución de reducir as citas neste día".
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad