Convocadas as probas de acceso para ciclos formativos

Para o acceso aos ciclos de grao medio, o prazo de presentación de solicitudes será do 21 ao 30 de abril.

Os que desexen inscribirse para a realización da proba aos ciclos de grao superior deberán inscribirse entre o 21 e o 31 deste mes.
Xornal.com - clásica Actualizado 08/01/2008 - 08:22 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de convocar, a través dunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado xoves, 3 de xaneiro, probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional específica para o curso 2008/09 en centros docentes sostidos con fondos públicos. A esta proba unicamente poderán concorrer as persoas que non cumpran os requisitos académicos que permitan o acceso directo aos ciclos formativos.

No caso do acceso aos ciclos de grao medio, as probas realizaranse o día 5 de xuño de 2008. Para acceder por esta vía, se requirirá ter como mínimo dezasete anos cumpridos no ano de realización da proba; e poderán quedar exentas da súa realización as persoas que acrediten ter superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. A solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos Institutos de Educación Secundaria (IES) ou Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica, no prazo comprendido entre os días 21 e 30 de abril de 2008.

Esta proba, que acreditará se a persoa aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas, é común para todos os ciclos formativos de grao medio, e o seu contido atenderá aos aspectos sociocultural e científico-tecnolóxico da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Para acceder pola vía de proba aos ciclos formativos de grao superior requirirase ter dezanove anos cumpridos no ano de realización da mesma, ou dezaoito se se acredita posuír un título de técnico relacionado con aquel ao cal se desexa acceder. A proba consta de dúas partes: unha xeral na que a persoa aspirante deberá acreditar a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato; e unha específica na que terá que facer constar a súa capacidade de formación profesional de base relacionada co campo profesional do ciclo formativo ao cal solicita acceder, elixindo cada aspirante a opción que lle permita o acceso ao ciclo que desexe cursar.

Poderán quedar exentas da realización da proba as persoas que acrediten ter superadas as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos. Ademais, da parte específica da proba poderán quedar exentas as persoas que acrediten polo menos un ano de experiencia laboral en campos profesionais que se correspondan cos coñecementos das materias da parte específica da proba relacionadas cos estudos que se pretenda cursar.

Así, a solicitude de inscrición para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos IES e dos CIFP onde se impartan ensinanzas de formación profesional específica (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol), no prazo comprendido entre o día 21 e o 31 de xaneiro de 2008.

Ademais, na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp pódese realizar a inscrición para as probas de acceso tanto para os ciclos de grao medio como para os de grao superior. A superación da proba acreditarase mediante unha certificación que será expedida pola secretaría do centro onde se realizase, esta certificación terá validez en todo o Estado como requisito de acceso a calquera ciclo formativo de grao medio.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad