Xornal.com - clásica
Actualizado 15/01/2008 - 10:04 h.
XORNAL I A Coruña.- A Federación de Comunicación e Transporte de Comisións Obreiras de Galicia (FCT-CCOO) atribúe a un «cúmulo de irresponsabilidades» o naufraxio dunha embarcación fronte ao Cabo Prior. O secretario xeral da Federación, Ramiro Otero, pregúntase «quen deixou sair o barco con estas condicións climatolóxicas» e lembra a responsabilidade da Administración autonómica.
Segundo a súa análise, na pesca galega «hai un problema de falta de tripulacións», e este problema «non se resolve traendo man de obra de fóra». Ramiro Otero considera que a eiva está na orixe, nos motivos que fan que non haxa xente disposta a subir nun barco. E neste punto é onde sitúa a responsabilidade da Administración, porque esta debe velar «por que as persoas que van a bordo dun buque pesqueiro coñezan o seu funcionamento e a normativa de seguridade. Gobernar non consiste só en dar subvencións, senón en compartir responsabilidades».
O secretario xeral de FCT-CCOO tamén apunta para as responsabilidades dos empresarios e de que non falte quen, «independentemente do sector de actividade, trate de obter beneficios rápidos rebaixando os custos laborais». Isto motivaría a incorporación ao sector de man de obra insuficientemente formada que, ademais, «descoñece os nosos usos, costumes ou climatoloxía, pero é barata. Tan barata que pagan coas súas vidas», sentencia.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.