A RAG acepta o termo "greleiro" tras unha proposta de Gadisa

Segundo afirma Gadisa nun comunicado, a Real Academia Galega (RAG) incorporou a voz de “greleiro/a” con dous valores novos tras a proposta feita por Gadisa co obxectivo de poñer en valor un colectivo tan importante de Galicia coma os greleiros/as.
Xornal.com - clásica Actualizado 28/01/2008 - 09:22 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- Gadisa, empresa con capital 100% galego, contribúe a que a Real Academia Galega recoñeza oficialmente o termo “greleiro/a” tras empregalo na exitosa campaña de publicidade “Vivamos como galegos”. A empresa de distribución propuxo á institución que aceptase esta palabra co obxectivo de poñer en valor unha parte importante dos agricultores e agricultoras que se adica ó cultivo dun produto tan típico da gastronomía e da cultura de Galicia coma o grelo.

Gadisa recibiu o agradecemento da Real Academia Galega pola súa colaboración e interese demostrado polo idioma galego tanto na campaña de publicidade coma na proposta feita no pasado mes de outono.

A RAG respondeu positivamente á proposta de Gadisa incorporando a voz de greleiro con dous valores novos, dado que xa existía como forma dialectal tradicional como sinónimo de grelo. A institución incorporou: “Greleiro/a”: 1. como adxectivo: Relativo ao grelo, A producción greleira de Galicia; e 2. como sustantivo: Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles. Os greleiros constitúen xa unha parte importante dos agricultores do concello. Os greleiros de Galicia aínda non están esociados.

Gadisa empregará a palabra “greleiro/a” na campaña de publicidade da cadea de Supemercados Gadis estreada o outono pasado na que se exaltan os costumes e a indiosincrasia dos galegos e galegas. A empresa de distribución decidiu facer a proposta á Real Academia Galega tralo eco e repercusión que tivo a campaña “Vivamos como galegos” entre a sociedade.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad