Gadis logra engadir unha nova palabra ó diccionario galego: "Greleiro"

A Real Academia Galega acepta o termo “greleiro” como “persoa ou entidade que se adica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles”. Foi unha proposta da empresa Gadisa.
Xornal.com - clásica Actualizado 28/01/2008 - 12:53 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Santiago.- A Real Academia Galega (RAG) aceptou o térmo “greleiro” a proposta da empresa Gadisa. A palabra fora utilizada na campaña de publicidade “Vivamos como galegos” para “poñer en valor unha parte importante dos agricultores que se adican ó culitvo dun producto tan típico da gastronomía e da cultura galega como é o grelo”, segundo explicou a empresa nun comunicado.

A RAG incorpora así este novo termo con dous valores: "Greleiro/a: 1. como adxectivo: Relativo ao grelo, A producción greleira de Galicia; e 2. como sustantivo: Persoa ou entidade que se adica ao cultivo dos grelos ou que negocia con eles. Os greleiros constitúen xa unha parte importante dos agricultores do concello. Os greleiros de Galica ainda non están asociados".

Gadisa recibiu os parabéns da RAG por apostar pola lingua galega nas súas últimas campañas publicitarias.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad