Aumentan os controis ao leite cur en Galicia
Medio Rural supervisará os autocontrois de calidade do leite cru realizados polos produtores, primeiros compradores e industrias lácteas.
As industrias e primeiros compradores de leite deberán, de cara a vindeira campaña, deseñar a metodoloxía e os procesos para levar a cabo os autocontrois, que serán analizados e autorizados pola Consellaría conforme se axusten á normativa europea.
Xornal.com - clásica
Actualizado 30/01/2008 - 10:27 h.
XORNAL I Santiago.- O director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca, mantivo unha xuntanza con representantes de industrias e primeiros compradores de leite na que lles expuxo os cambios en materia de control leiteiro que operarán de cara a vindeira campaña. Neste sentido, unha das principais novidades radica en que os responsables da recollida que operan no noso País deberán responsabilizarse de establecer sistemas de control de inhibidores (presenza de antibióticos en leite), para o que contarán cun prazo aproximado de tres meses para deseñar e establecer a metodoloxía que empregarán nos mencionados controis e trasladarlla á Consellaría do Medio Rural que, á súa vez, se encargará de avalialos e autorizalos conforme se axusten á normativa europea. Convén lembrar que o control sobre a presenza de inhibidores no leite víñase facendo nos últimos meses pola propia Consellaría e que a comezos da vindeira campaña láctea está previsto que sexan os axentes do propio sector os que os establezan.
En canto ao control sobre o reconto de células somáticas e xermes, o 100% das explotacións que nos seus autocontrois ou en controis oficiais incumpran parámetros de calidade superando os criterios establecidos, recibirán notificación oficial e quedarán obrigadas a desenvolver un plan de autocontrol específico para axustarse a ditos parámetros. A partir desa notificación, o produtor disporá dun prazo de tres meses para corrixir a situación, e que en caso contrario deberá suspender a entrega de leite cru agás se só se envía a establecementos onde se somete a un tratamento térmico ou se destina á elaboración de queixo cun período de maduración de alo menos 60 días.
Asimesmo, a Administración actuará sobre o 2% das explotacións, que seleccionará mediante métodos aleatorios, nas que realizará controis baseados nunha análise de risco que incluirá a inspección documental e inspección de rexistros, a inspección física, o cumprimento do protocolo de hixiene das explotacións leiteiras e a toma dunha mostra oficial do leite que se destina ao consumo.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.