A CRMH quere que o Pleno municipal aprobe unha moción sobre a memoria histórica

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña presenta unha proposta sobre a recuperación da memoria histórica, a retirada de símbolos e o recoñecemento ás víctimas.
Xornal.com - clásica Actualizado 30/01/2008 - 10:45 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I A Coruña.- A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) enviará una moción ao Alcalde e a todos os grupos municipais para o seu debate e aprobación polo Pleno da corporación municipal.

A CRMH da Coruña xa presentara outra proposta, tratada no Pleno de 2 de abril de 2007, conxuntamente con CIG, CCOO, CNT, CGT, Foro da Memoria, Fundación 10 de Marzo, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e Agrupación Cultural O Facho. Levouse ao Pleno do 2 de abril de 2007, que non puido debaterse porque non tivo o apoio do PSOE e PP.

O 27 de decembro de 2007 o Boletín Oficial do Estado publicaba a Lei 52/2007, de 26 de decembro, pola que se recoñecen a amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a Ditadura, coñecida popularmente como lei da Memoria Histórica.

“Os tempo son chegados. É hora de que o concello da Coruña acompase as súas actuacións co espírito e a letra da citada lei. En primeiro lugar, e como recolle esta lei, cunha condena expresa do franquismo e das graves violacións de Dereitos Humanos cometidas en España entre 1939 e 1975. En segundo lugar, honrando a memoria de todos os que sufriron inxustizas e agravios por motivos políticos ou ideolóxicos, perderon a vida ou a súa liberdade, padeceron prisión, deportación, confiscación dos seus bens, traballos forzosos, internamento en campos de concentración, ou tiveron que exiliarse. En terceiro lugar, levando a cabo políticas públicas dirixidas ao coñecemento da nosa historia e ao fomento da memoria democrática. En cuarto lugar, retirando os escudos, insignias, placas e outros obxectos e mencións conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da Ditadura. As sinaladas actuacións –recollidas literalmente da Lei da Memoria Histórica- son as que recolle, en dez propostas, a Moción que presentaremos “, explica o Presidente da CRMH da Coruña, Manuel Monge.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad