Continúa en Pontevedra co ciclo Conversas Con dedicado ao Sahara

Hoxe, ás 20.30h., proxectarase no Pazo da Cultura o documental "El rumor de la arena" e logo terá lugar un coloquio xunto co co director.
Xornal.com - clásica Actualizado 28/02/2008 - 11:14 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Pontevedra .- A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade continúa hoxe en Pontevedra co ciclo Conversas Concentrado no conflito do Sáhara. Dende hoxe mércores e ata o venres ten lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o foro "O Sáhara, 30 anos despois". Todas as actividades programadas son ás 20,30 h. no salón de actos do Pazo da Cultura (Rúa Alexandre Bóveda, s/n) . Xuventude e Solidariedade organiza esta iniciativa en colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Sáhara e co concello de Pontevedra.

Hoxe proxectarase o documental "El rumor de la arena", un documental independente sobre a situación dos refuxiados. Ao rematar a proxección, o seu co-director Jesús Prieto liderará unha charla-coloquio. O venres á mesma hora, ás 20,30h., terá lugar a última actividade programada, que será a charla "Violación dos dereitos humanos no Sahara", a cargo da xurista catalá Cristina Navarro Poblet e o avogado e membro da Asociación Internacional de Avogados polo Sáhara Occidental en Cataluña, José Manuel de La Fuente.

Onte estivo en Pontevedra Jadiya Hamdi, parlamentaria da República Árabe Sarahaui Democrática (RASD) , representante do Buró Executivo da Frente Polisaria e responsable da información e cultura da Unión de Mulleres Saharauis (UMS) . A charla que impartiu levaba por título "O Sahara hoxe" e nela analizará a situación actual do Sahara.

Conversas Con

Xuventude e Solidariedade puxo en marcha o ciclo Conversas con co obxectivo de achegar a Galiza temas socias de primeira índole que chaman á implicación da acción voluntaria e da participación. Esta iniciativa comezou o mes de abril do ano pasado coa presenza de Nina Pacari, representante polos pobos indíxenas do Foro Permanente das Nacións Unidas. En ocasións posteriores participaron Alberto Torres Novoa, sociólogo peruano e director do Instituto Paulo Freire; o cineasta Ken Loach; o director do Instituto Paulo Freire, Carlos Alberto Torres Novoa; o profesor de Socioloxía da Universidade de Binghamton (New York) e membro da conferencia antiimperialista Axis for Peace, James Petras.

Xa este ano, antes deste foro dedicado ao Sahara, o pasado mes de xaneiro desenvolveuse en Santiago e na Coruña unha actividade sobre voluntariado lingüístico, na que participaron responsables de Galiza, Euskadi, Valencia e Cataluña. Conversas con continuará a súa programación de 2008 cun foro sobre a situación dos mozos e mozas dos nosos días que viven nunha situación de desvantaxe social e sobre a situación que atravesa Palestina. Logo conmemorarase o aniversario da Revolución do Claveis de Portugal cunha mesa redonda e cunha representación teatral. No mes de maio, Conversas Con contará coa presenza do sindicalista francés José Bové e logo pechará a súa programación deste primeiro semestre en xuño coa exposición "Víctor Jara canta ao mundo" e a visita da súa viúva, Joan Jara.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad