Feijóo sitúa a educación como "a prioridade da liberdade" para o PP

Subliña que "un país que aspira a situarse entre as cinco principais economías do mundo non pode permanecer á cola da UE en Educación".
Xornal.com - clásica Actualizado 05/03/2008 - 19:42 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s
XORNAL I Ourense.- "A educación, para nós, é a prioridade da liberdade”, anunciouno o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, esta mañá en Ourense no transcurso dun encontro celebrado con máis de douscentos universitarios aos que explicou polo miúdo o programa de Rajoy en materia educativa e de apoio á mocidade.

O líder dos populares galegos enfatizou que "un país como España, que o PP quere situar entre as 5 principais potencias económicas do mundo, non pode seguir mantendo un sistema educativo situado á cola de toda a UE, como evidencia a última entrega do Informe PISA". De feito, "España pasou do posto 27 ao 31 en tres anos, pese a que desde entón se incorporaron 17 novos países ao estudo", asegurou.

Para superar esta situación de deterioro educativo, "a aposta do PP pasa por potenciar un modelo baseado no esforzo, o mérito e a responsabilidade dos alumnos, e que fuxa de ideoloxización". “Os políticos non son quen de impoñer aos pais e nais a educación dos seus fillos”, afirmou Feijóo un día despois de coñecerse que o TSX de Andalucía recoñece o dereito duns pais a obxectar fronte á materia de Educación para a Cidadanía imposta polo PSOE.

O modelo educativo do PP "aposta polo bilingüismo integrador que garanta o dominio das competencias básicas de todos os alumnos en galego e castelán ao remate de cada nivel educativo; por facer efectiva a proporcionalidade dos dous idiomas oficiais de Galicia como linguas vehiculares no ensino; e polo dereito de uso dos alumnos de calquera das dúas linguas, así como o dereito dos pais e profesores para determinar a lingua materna dos seus cativos".

Paralelamente, o PP comprométese a financiar a implantación "dun plan de ensino do inglés que incluirá a posta en marcha de centros trilingües". En Galicia esta aposta "permitirá que cada verán viaxen ao estranxeiro 8.000 alumnos de todas as etapas para mellorar o seu dominio do inglés, fronte aos 2.500 que o fan na actualidad"e.

Ademais, cada ano, "a Administración concederá 2.500 becas para alumnos e 1.500 para outros tantos profesores para financiar estadías un curso completo en países de fala inglesa".

Para o PP tamén resulta imprescindible "mellorar os vínculos entre a Formación Profesional e o mundo da empresa e, por iso, o Goberno de Rajoy implantará un contrato dual formación-traballo que permita aos estudantes de FP compatibilizar os últimos cursos coa incorporación ao mundo laboral".

De xeito complementario, "o PP suprimirá o 100% das taxas e prezos públicos para todos os membros de familias numerosas que cursen estudos universitarios. O Goberno do PP creará, tamén, un banco de datos de recén titulados que porá a disposición das empresas para favorecer a inserción laboral dos universitarios españois", concluiu.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad