Xornal.com - clásica
27/03/2008 - 12:15 h.
Non entendes unha palabra? Faille dobre clic
XORNAL I A Coruña.- Braulio García, docente do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), vén de gañar, xunto a Beatriz Sotelo, do Restaurante La Estación da Coruña, o concurso Cociñeiro do Ano celebrado o pasado día 13 en Barcelona, no marco da feira Alimentaria.
De entre máis dun millar de cociñeiros inscritos, Beatriz Sotelo (principal) e Braulio García (axudante), conseguiron vencer no prestixioso certame organizado polo grupo Caterdata e celebrado no Salón Restaurama de Alimentaria de Barcelona. Braulio García é docente do Centro Superior de Hostalería de Galicia nas titulacións de Diploma de Xestión de Empresas Hostaleiras (formación para directivos hostaleiros) e Certificado de Xestión e Elaboración de Cociña (formación para xestores en cociña).
Á gran final chegaron oito cociñeiros representando a diferentes zonas do Estado. Previamente, Beatriz Sotelo e Braulio García xa venceran na final de Galiza, Asturias e Cantabria. E gañaron cun menú de luxo: un canelón de faisán e trufa con setas de temporada salteadas (primeiro), unha pescada de Celeiro con pil pil de limón e pementos verdes (segundo) e unha crema de albariño con améndoa e mazá (postre).
Con esta exquisita proposta, Beatriz e Braulio seduciron a un xurado de luxo integrado por Martín Berasategui (tres estrelas Michelín, Rte Martín Berasategui), Jordi Cruz (gañador da primeira edición, chef estrela Michelín máis xoven de España e segundo do mundo, recentemente fichado como chef do tren AVE Madrid-Barcelona), Rafa Morales (dúas estrelas Michelín, Restaurante La Alquería, Hotel Hacienda Benazuza), Mey Hofmann (unha estrela Michelín, Restaurante Hofmann), Adolfo Muñoz (restaurador, propietario do Grupo Adolfo Restauración), Fausto Airoldi (representante da WACS World Association of Cook Societies), Óscar Teixidó (profesor da Escola de Hostelería e Turismo CETT de Barcelona) e Pepe Salmerón (Centro de Cualificación Turística de Murcia CCT).
Braulio García é veciño de Baio (A Coruña) e, desde moi novo, estivo metido entre fogóns no establecemento familiar Cafetería Acuario. Estudou no Centro Superior de Hostalería de Galicia (promoción 2000-2002) e desenvolveu a súa actividade profesional en Atrio, Marcelo Tejedor, Arzak e La Estación de Cambre, ata recalar recentemente no CSHG.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.