Xornal.com - clásica
Actualizado 29/03/2008 - 10:39 h.
XORNAL I Santiago.- Un grupo de nenos e nenas galegos de 5º e 6º de Primaria viaxaron ao Parque Warner Bros de Madrid grazas a un concurso convocado pola Vicepresidencia para conmemorar o dezaoito aniversario da Convención dos Dereitos da Infancia. A viaxe tivo lugar entre os pasados 16 a 18 de marzo, tempo no que os cativos visitaron o Parque Warner e coñeceron a sede central de Unicef España en Madrid, onde puideron ver o traballo que esta axencia desenvolve.
Desta viaxe gozaron os rapaces e rapazas que resultaron gañadores do concurso convocado pola Vicepresidencia para esta conmemoración, un concurso que consistiu na resolución de cuestionarios de preguntas e xogos educativos relativos á Convención dos Dereitos da Infancia.
A través deste concurso e doutras actividades educativas, a Vicepresidencia, a través da Secretaría Xeral do Benestar, quixo celebrar o XVIII aniversario da Convención do Dereitos da Infancia.
Carpeta didáctica
A Vicepresidencia achegou aos escolares unha carpeta conmemorativa deste aniversario, que incluía unha pequena guía didáctica na que se recollían os artigos desta Convención en versión infanto-xuvenil. Deste xeito, os nenos puideron achegarse ao coñecemento dos dereitos que lles asisten e que están recollidos no marco lexislativo para a infancia aprobado pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de novembro de 1989. Nestas carpeta é onde se incluían os cuestionarios e os pasatempos que había que cubrir para participar no concurso final.
Nestas iniciativas participaron alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria de 60 concellos galegos, nos que se está a iniciar un programa de Promoción do Bo Trato á Infancia, unha experiencia que se inclúe dentro do Plan Estratéxico Galego da Infancia e da Adolescencia 2007-2010.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.