XORNAL I Santiago.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista
Teresa Táboas, adxudicou por 151.417 á empresa Proyfe a Dirección facultativa das obras de urbanización do Parque Empresarial de Bértoa, no Concello de Carballo. Este investimento súmase aos 9.927.432 dedicados á execución das obras de urbanización da 1ª fase deste parque. O prazo de execución dos traballos é de 18 meses.
A 1ª fase do Parque Empresarial de Bértoa-Carballo contará cunha superficie total de 730.000 metros cadrados, e a 2ª fase (zonas A e B), que se desenvolverá con posterioridade, disporá de 550.000 metros cadrados máis de solo empresarial.
Nese senso, o conxunto do Parque Empresarial de Bértoa terá unha superficie total de 1.280.000 metros cadrados, dos que se destinarán para uso empresarial 837.043 m2, para uso social, deportivo e equipamentos destinaranse 97.608 metros cadrados, e outros 117.000 metros cadrados serán para zonas verdes.
A Consellería de Vivenda e Solo ten previsto un investimento total de 35 millóns de euros para adquisición de terreos e urbanización deste parque.
Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.